De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo para notificarlle a resolución ditada no expediente instruído que se relaciona no dito anexo, de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por ignorarse o lugar de notificación.
Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada por si ou a través da persoa que legalmente a represente poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica do Departamento Territorial en Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do dito prazo establecido para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil, e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición á dita resolución administrativa, desde o día seguinte ao da súa notificación, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.
Vigo, 7 de xullo de 2026
María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Número de expediente: 2025/250-36.
Persoa interesada: 6060509090017.
Acto que se notifica: Resolución administrativa do 21 de maio de 2026.
Efectos xurídicos que produce a resolución: establecemento de medida administrativa.
