DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Venres, 17 de xullo de 2026 Páx. 39971

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 2 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se convocan os interesados ao acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución dos apoios AHM86Q4G//276, AHKSAEP2//277, AHJHDTIT//278 e AHI9H2JU//279 da LMTA LAL805, no concello de Forcarei.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar... », mediante este anuncio convócanse a todas as persoas interesadas no acto do levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Substitución dos apoios AHM86Q4G//276, AHKSAEP2//277, AHJHDTIT//278 e AHI9H2JU//279 da LMTA LAL805, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 2 de xullo de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2024/187-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: substitución dos apoios AHM86Q4G//276, AHKSAEP2//277, AHJHDTIT//278 e AHI9H2JU//279 da LMTA LAL805.

Concello: Forcarei.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

36018A071001710000XI

Bosque

Descoñecida

23 de setembro de 2026

12

2

6018A071002750000XW

Bosque

Descoñecida

23 de setembro de 2026

12

3

36018A071003670000XU

Devesa

Descoñecida

23 de setembro de 2026

12

4

36018A071004790000XM

Cobiña

Descoñecida

23 de setembro de 2026

12