DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Venres, 17 de xullo de 2026 Páx. 39990

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de expropiación do poligono G de Paradai.

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 6.5.2026, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o expediente de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se necesitan ocupar para a execución do polígono G de Paradai, correspondentes aos propietarios non incorporados á xunta de compensación.

Relación de bens e dereitos para expropiar:

Número de parcela

Referencia catastral

Superficie total da parcela (m²)

Titular catastral

Superficie que se expropia (m²)

34

8046734PH1684N0001XS

166,36

Marcelino Cobas Cobas

2,28

35

8046735PH1684N0001IS

101,88

Juan Bautista Carreira Darriba

8,59

36

8046736PH1684N0001JS

179,83

Manuela Ascariz Blanco

84,74

38

8046738PH1684N0001SS

329,20

María Gloria Rodil Álvarez

133,25

Segundo. Someter o proxecto de expropiación a información pública polo prazo dun mes, de conformidade co artigo 118.2 LSG, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Durante este prazo, o expediente estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias do Servizo de Urbanismo do Concello de Lugo.

A información pública efectuarase mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios do Concello de Lugo.

Terceiro. Notificarlles ás persoas que aparezan como titulares de bens ou dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación».

Lugo, 26 de xuño de 2026

A alcaldesa
P.D. (Decreto nº 4033/2026)
Ramón Manuel Cabarcos Rodríguez
Tenente de alcaldesa delegado da Área de Urbanismo