DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Luns, 20 de xullo de 2026 Páx. 40058

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro), e se lles adxudica destino definitivo.

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 4 de xuño de 2026 (DOG núm. 107, do 10 de xuño), ao cal foi convocado o persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro) e que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no mesmo anexo.

Segundo. Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo de quince (15) días naturais a partir do día 30 de xullo, de acordo coa Resolución do 6 de xullo de 2026 (DOG núm. 128, do 10 de xullo) pola que se declara a urxencia e se reducen os prazos nos procesos selectivos convocados pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos cales a súa elección de destino se convoque ou resolva en período estival (meses de xullo, agosto e setembro). O cesamento deberá efectuarse o día 29 de xullo de 2026.

No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil ao da data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Nº de orde
de elección de destino

DNI

Apelidos e nome

Posto elixido

Código

Denominación

Cons.

Centro de destino

Centro directivo

Concello

Subgrupo

Nivel

1

***6625**

Clemente Siota, María Nieves

1

PXO110000015770002

Posto base subgrupo A1

PX

Instituto Galego de Estatística

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

A1

20

2

***6322**

Ares Sánchez, María Ángeles

4

PXO110000015770006

Posto base subgrupo A1

PX

Instituto Galego de Estatística

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

A1

20

3

***6237**

Vilas Cruz, María Carmen

5

PXO110000015770004

Posto base subgrupo A1

PX

Instituto Galego de Estatística

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

A1

20

4

***4626**

Delgado Jul, Antonio Javier

3

PXO110000015770008

Posto base subgrupo A1

PX

Instituto Galego de Estatística

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

A1

20

5

***2691**

García Olano, José Roberto

2

PXO110000015770007

Posto base subgrupo A1

PX

Instituto Galego de Estatística

Instituto Galego de Estatística

Santiago de Compostela

A1

20