Expediente: IN407A 2023/188-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: instalación de CTI na LAMT CDR-806 Vilela-Mera 6 e reordenación da RABT.
Concello: Cedeira.
Advertidos erros no anexo da Resolución do 29.9.2025 pola que se denega a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cedeira (expediente IN407A 2023/188-1), cómpre substituír o anexo relación de bens e dereitos afectados que figuraba na citada resolución administrativa polo que consta nesta.
Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 7 de xullo de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Proxecto: instalación de CTI na LAMT CDR-806 Vilela-Mera 6 e reordenación da RABT.
Concello de Cedeira.
|
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios) |
LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica) |
Natureza do terreo |
||
|
CT/núm. do apoio |
Superficie |
Lonxitude (m) |
Superficie (m²) |
|||||
|
1 |
Marie Madeline Hanus Catherine |
15022A502209270000UE |
Vilela |
Novo apoio núm. N-1 |
2 |
Prados ou praderías |
||
|
2 |
Descoñecido |
15022A502109270000UF |
Vilela |
Novos apoios núm. B0LGBN3R e núm. N-2 (CT) |
4 |
31,61 |
504,78 |
Prados ou praderías |
