DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Luns, 20 de xullo de 2026 Páx. 40252

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Poio (expediente IN407A 2024/190-4).

Expediente: IN407A 2024/190-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: Substitución dos apoios A089HH6M//45-15-1 e A06WKW1J//45-15-2 da LMTA LOZ803B no lugar da Zapata.

Concello: Poio.

Feitos:

1. O 9.5.2024, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada Substitución dos apoios A089HH6M//45-15-1 e A06WKW1J//45-15-2 da LMTA LOZ803B no lugar da Zapata.

A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e contén un orzamento total de 8.616,10 euros.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade emendar a situación antirregulamentaria no circuíto aéreo da LOZ803B, concretamente no tramo LOZ803B2659. Para isto están previstas as seguintes actuacións no lugar da Zapata, no concello de Poio (Pontevedra):

– Proxéctase a substitución dos apoios de formigón A089HH6M//45-15-1 e A06WKW1J//45-15-2 por dous apoios de celosía C-1000/12. Nun deles instalaranse uns novos XS.

– Desmontaxe da cruceta en derivación e dos XS 36H320 do apoio A09EEHVE//45-15. Instalación dunha nova cruceta en derivación H-35 nese mesmo apoio.

– Substitución de 192 metros do van en condutor LA-30 por condutor LA-56 desde o apoio A09EEHVE//45-15 ata o apoio A056W6JLG//45-15-3.

2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Poio, Augas de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio e o Servizo de Explotacións Agrarias. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido por Augas de Galicia.

O Servizo de Explotacións Agrarias informou de que non era necesaria a emisión preceptiva de informe por parte da Consellería do Medio Rural en aplicación do disposto na letra d) do número 1 da disposición transitoria 1ª da Lei 2/2016, modificada pola Lei 10/2023 de medidas fiscais e administrativas.

Os demais organismos non emitiron os condicionados técnicos, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 25 de xuño de 2024, publicada nos seguintes medios:

– DOG (Diario Oficial de Galicia): 17.7.2024.

– Xornal Faro de Vigo: 19.7.2024.

– Taboleiro de anuncios do Concello de Poio, desde o 3.7.2024 ata o 16.8.2024, segundo o certificado emitido polo propio concello.

– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

Durante este trámite non se recibiron alegacións.

4. Como non foi posible efectuar a notificación da solicitude de declaración, en concreto, de utilidade pública ás persoas afectadas, este departamento publicou os correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia do 26.3.2025 e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado do 29.3.2025, co fin de realizar a notificación por comparecencia.

Durante este trámite non se recibiron alegacións.

Consideracións legais e técnicas:

1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Substitución dos apoios A089HH6M//45-15-1 e A06WKW1J//45-15-2 da liña de media tensión aérea (LMTA) LOZ803B, tramo LOZ803B2659, por dous apoios C-1000/12.

– LMT aérea a 20 kV, con condutor LA-56, de 192 metros de lonxitude, coa orixe no apoio existente C-3000/20 (A09EEHVE//45-15) da LMTA LOZ803B2659 e final no apoio existente CH-630/13 (A05W6JLG//45-15-3) da LMTA LOZ803B2659.

A instalación está situada na Zapata, na parroquia de San Xoán de Poio, no municipio de Poio (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Substitución dos apoios A089HH6M//45-15-1 e A06WKW1J//45-15-2 da LMTA LOZ803B no lugar da Zapata, expediente IN407A 2024/190-4.

2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada e de acordo coas seguintes condicións:

1. As características da instalación axustaranse en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e aos condicionados técnicos impostos polas administracións públicas, organismos ou empresas que presten servizos públicos ou de interese económico xeral, no relativo aos bens e dereitos da súa propiedade que se atopen afectados pola instalación, en especial os relativos ás distancias de seguridade, cruzamentos e paralelismos prescritos pola normativa vixente.

2. A empresa promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

3. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado de dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 29 de xuño de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Poio

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Afeccións pleno dominio

Apoio nº

1

Venta

Rústico

36041A031000960000OI

Descoñecido/a

2

1,21