De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente E-64-44-C e doce máis.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
Data do acordo |
|
E-64-44-C |
Manuel Ingilde Maceiras Herdeiros José Lema Pérez |
22.5.2026 |
|
E-46-1064A-C |
Hortensia Losada Losada |
22.5.2026 |
|
E-1147-P |
Agropecuaria Corpas, S.A. |
22.5.2026 |
|
E-1193-P |
Manuel Cabada Gudias Manuel Carracedo Fraiz Antonio Gómez Arca Manuel Fernández Cadaviz |
22.5.2026 |
|
E-1100-L |
Antonio Fernández Souto |
22.5.2026 |
|
E-180-C |
Benito Villaverde José Casais Lens José Fernández Páramos José García Bellón Manuel Carracedo |
22.5.2026 |
|
E-79-189-C_01 |
Manuel Villar Rilo Cristóbal Mato García Manuel Salgado Senín |
22.5.2026 |
|
E-63-1690-C |
María Vázquez Rodríguez |
22.5.2026 |
|
E-1209-C |
José Suárez Fernández |
22.5.2026 |
|
E-1340-C |
Benigno Barral Mosquera |
22.5.2026 |
|
E-1554-C |
Manuel Fernández Blanco |
22.5.2026 |
|
E-1618-C |
Gumersindo Vázquez Fandiño |
22.5.2026 |
|
E-90-C |
Raimundo López Pol |
22.5.2026 |
