DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Luns, 20 de xullo de 2026 Páx. 40279

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 18 de xuño de 2026, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de modificación de autorización de vertedura no concello de Melide (expediente DH.V15.29921).

En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de modificación da autorización de vertedura:

Solicitante: Canteras de Richinol, S.L.

NIF: B-36166650.

Expediente: DH.V15.29921.

Lugar: Monte do Leboreiro.

Parroquia: Moldes.

Concello: Melide.

Tipo de vertedura 1: augas residuais industriais de escorrega depuradas.

Caudal máximo anual 1: 235.478 m³/ano.

Punto de vertedura 1: X=580.742; Y=4.749.043.

Medio receptor 1: río Furelos (conca do río Ulla).

Tratamento/evacuación 1:

As augas residuais industriais de escorrega xeradas na zona leste (concas A+B+E) son tratadas na balsa de decantación leste situada no fondo de corta, desde a que se evacúan por bombeo ao río Furelos.

Tipo de vertedura 2: augas residuais industriais de escorrega depuradas.

Caudal máximo anual 2: 271.275 m³/ano.

Punto de vertedura 2: X=580.343; Y=4.749.061.

Medio receptor 2: río Furelos (conca do río Ulla).

Tratamento/evacuación 2:

As augas residuais industriais de escorrega xeradas na zona oeste (concas C+D) son tratadas na balsa de decantación oeste situada no fondo de corta, desde a que se evacúan por bombeo ao río Furelos.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

As persos interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2026

María Belén Pichel García
Xefa da Área de Verteduras