Fernando Ventín García, co DNI ***0553**, que actúa como presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de Boliñas, Igrexario e Ceraxe do concello de Cerdedo Cotobade, a través deste anuncio convoca a todas as persoas usuarias á asemblea xeral ordinaria, que terá lugar o vindeiro sábado, 1 de agosto, na alameda de Augas Santas, ás 19.30 horas en primeira convocatoria e ás 20.00 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
1. Lectura e, se procede, aprobación da acta da asemblea xeral anterior.
2. Estado de contas.
3. Reclamación de débeda a comuneiros morosos. Decisións para adoptar.
4. Informe de gastos.
5. Informe de incidencias
6. Elección da nova Xunta Directiva.
7. No suposto de que non se presenten persoas voluntarias para constituír a nova Xunta Directiva, acordarase a apertura do procedemento de sorteo para a súa constitución, que se levará a cabo unha vez transcorridos vinte días, de conformidade co establecido no artigo 50 dos estatutos vixentes.
8. Publicación das listas de persoas usuarias.
9. Rolda de intervencións.
Augas Santas, 15 de xullo de 2026
Fernando Ventín García
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas
de Boliñas, Igrexario e Ceraxe
