No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 116, do 22 de xuño de 2026, publicáronse integramente a convocatoria e bases que han rexer o proceso selectivo, polo procedemento de oposición libre, para a cobertura en propiedade, como persoal laboral fixo, dunha praza de capataz do servizo de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos (RSU).
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello de Arteixo (A Coruña).
Arteixo, 22 de xuño de 2026
Carlos Calvelo Martínez
Alcalde-presidente
