DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Martes, 21 de xullo de 2026 Páx. 40473

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO de convocatoria para cubrir unha praza de administrativo/a incluída na oferta de emprego público para o ano 2023.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 117, do 23 de xuño de 2026, publicáronse as bases reguladoras do procedemento de oposición libre para a cobertura en propiedade dunha praza de persoal funcionario de carreira de administrativo correspondente ao grupo C, subgrupo C1, escala da Administración xeral, subescala administrativa, incluída na oferta de emprego público do Concello de Ordes do ano 2023 (BOP núm. 244, do 26 de decembro).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, a partir do seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia da Coruña, na sede electrónica do Concello de Ordes e no taboleiro de anuncios do Concello de Ordes.

Ordes, 26 de xuño de 2026

José Luis Martínez Sanjurjo
Alcalde