De conformidade co disposto no artigo 152.12 do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, faise pública a Resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, do 24 de novembro de 2025, pola que se outorgou a concesión da referencia, coas seguintes condicións principais:
Titular: Concello de Meaño.
Destino: establecemento dunha área recreativa nos Pasales e realización dun acceso de mobilidade peonil amable desde Ponte Dena ao bordo costeiro, promovida polo Concello de Meaño.
Superficie: 13.349 m2.
Prazo: non se modifica.
Canon: exento.
Poderá consultarse a resolución completa na seguinte ligazón:
https://ficheiros-web.xunta.gal/medio-ambiente/litoral/concesions/2026/RES-PO-2025-026C.pdf
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2026
Paula Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
