DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Mércores, 22 de xullo de 2026 Páx. 40493

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se publica a Resolución do 10 de xullo de 2026 pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 18 de marzo de 2026.

A Orde do 18 de marzo de 2026 establece as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PL400A) (DOG núm. 63, do 7 de abril).

O órgano instrutor, logo da baremación e á vista do informe realizado pola Comisión de Valoración, formulou a proposta de resolución que, como establece o artigo 17, elevou ao órgano competente, á persoa titular da Secretaría Xeral da Lingua, que, en virtude da competencia delegada no artigo 18 e na disposición adicional única da Orde do 18 de marzo de 2026, para resolver os procedementos de concesión, emite a correspondente resolución.

Segundo o artigo 19, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Conforme o citado artigo 45 da Lei 39/2015, esta publicación producirá os mesmos efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 10 de xullo de 2026, ditada no procedemento PL400A, relativa á concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 18 de marzo de 2026, que figura como anexo desta resolución.

Segundo. Comunicar que contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral da Lingua, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que resolverá por delegación do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, de acordo co establecido na Orde do 18 de marzo de 2026, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2026

Valentín García Gómez
Secretario xeral da Lingua

ANEXO

Resolución do 10 de xullo de 2026 relativa á concesión de subvencións
ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega
ao abeiro da Orde do 18 de marzo de 2026 pola que se convoca o procedemento
para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a
promoción do uso da lingua galega (código de procedemento PL400A)

Mediante a Orde do 18 de marzo de 2026 (Diario Oficial de Galicia número 63, do 7 de abril) establecéronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para adxudicar as subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega.

Aquelas solicitudes que cumpriron cos requisitos desta convocatoria foron analizadas pola Comisión de Valoración prevista no artigo 16, segundo os criterios de avaliación establecidos no artigo 15 da orde.

O órgano instrutor previsto no artigo 14, logo da baremación e á vista do informe coa relación dos solicitantes e a súa puntuación realizado pola Comisión de Valoración, formulou a proposta de resolución conforme o regulado no artigo 17.

Vista a proposta de resolución do órgano instrutor, o secretario xeral da Lingua resolve por delegación da persoa titular da consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, segundo o disposto no artigo 18 e na disposición adicional única da Orde do 18 de marzo de 2026.

O financiamento destas subvencións previsto no artigo 2 farase con cargo á partida orzamentaria 13.02.151A.460.0, correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, por unha contía inicial máxima de 350.000 €.

Con base no exposto,

RESOLVO:

Primeiro. A concesión de axudas, na contía que se indica, aos proxectos relacionados no anexo I.

Segundo. Desestimar as solicitudes que aparecen no anexo II, indicando o artigo da Orde do 18 de marzo de 2026 que ampara a dita exclusión.

Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral da Lingua, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, quen resolverá por delegación do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, de acordo co establecido na Orde do 18 de marzo de 2026, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Cuarto. A publicación desta resolución producirá os efectos de notificación, nos termos establecidos no artigo 19 da Orde do 18 de marzo de 2026 e no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2026. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, P.D. (Orde do 18.3.2026), Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua.

ANEXO I

Número de expediente

Entidade

Modalidade

Importe

PL400A-2026-00000001-00

Concello de Outes

Mantemento ou reforzamento dun servizo

6.128,82 €

PL400A-2026-00000002-00

Concello de Ponteareas

Mantemento ou reforzamento dun servizo

7.647,58 €

PL400A-2026-00000003-00

Concello de Ribadavia

Programas de dinamización lingüística

3.240,80 €

PL400A-2026-00000004-00

Concello de Viveiro

Programas de dinamización lingüística

2.935,86 €

PL400A-2026-00000005-00

Concello de Pontecesures

Programas de dinamización lingüística

2.400,00 €

PL400A-2026-00000006-00

Concello de Padrón

Programas de dinamización lingüística

2.018,18 €

PL400A-2026-00000007-00

Concello de Tomiño

Programas de dinamización lingüística

3.288,64 €

PL400A-2026-00000008-00

Concello da Baña

Programas de dinamización lingüística

3.378,32 €

PL400A-2026-00000009-00

Concello de Bueu

Programas de dinamización lingüística

1.902,14 €

PL400A-2026-0000010-00

Concello de Nigrán

Programas de dinamización lingüística

2.989,67 €

PL400A-2026-00000011-00

Concello de Coristanco

Programas de dinamización lingüística

1.160,00 €

PL400A-2026-00000012-00

Concello do Carballiño

Mantemento ou reforzamento dun servizo

6.116,86 €

PL400A-2026-00000013-00

Concello de Outeiro de Rei

Programas de dinamización lingüística

2.391,73 €

PL400A-2026-00000014-00

Concello de Vilaboa

Programas de dinamización lingüística

2.018,31 €

PL400A-2026-00000015-00

Concello das Neves

Programas de dinamización lingüística

3.001,63 €

PL400A-2026-00000016-00

Concello de Cangas de Morrazo

Creación dun servizo

5.955,23 €

PL400A-2026-00000017-00

Concello da Laracha

Programas de dinamización lingüística

3.151,11 €

PL400A-2026-000000018-00

Concello de Cambados

Programas de dinamización lingüística

2.666,78 €

PL400A-2026-00000019-00

Concello de Cuntis

Programas de dinamización lingüística

2.240,00 €

PL400A-2026-00000020-00

Concello de Catoira

Programas de dinamización lingüística

1.650,00 €

PL400A-2026-00000021-00

Concello de Santa Comba

Mantemento ou reforzamento dun servizo

6.266,35 €

PL400A-2026-00000022-00

Concello do Rosal

Programas de dinamización lingüística

3.246,78 €

PL400A-2026-00000023-00

Concello da Caniza

Mantemento ou reforzamento dun servizo

7.187,17 €

PL400A-2026-00000024-00

Concello de Carballo

Mantemento ou reforzamento dun servizo

7.958,50 €

PL400A-2026-00000025-00

Concello de Moaña

Mantemento ou reforzamento dun servizo

8.502,62 €

PL400A-2026-00000026-00

Concello de Cerdedo Cotobade

Programas de dinamización lingüística

2.606,99 €

PL400A-2026-00000027-00

Agrupamento dos concellos de Carnota e Mazaricos

Mantemento ou reforzamento dun servizo

6.366,80 €

PL400A-2026-00000028-00

Concello de Muros

Mantemento ou reforzamento dun servizo

5.279,76 €

PL400A-2026-00000029-00

Concello do Pino

Programas de dinamización lingüística

2.648,85 €

PL400A-2026-00000030-00

Concello de Sanxenxo

Programas de dinamización lingüística

3.354,41 €

PL400A-2026-00000031-00

Concello de Abegondo

Mantemento ou reforzamento dun servizo

6.756,66 €

PL400A-2026-00000032-00

Concello de Neda

Programas de dinamización lingüística

1.198,30 €

PL400A-2026-00000033-00

Concello de Melide

Mantemento ou reforzamento dun servizo

5.566,77 €

PL400A-2026-00000034-00

Concello de Poio

Programas de dinamización lingüística

3.731,11 €

PL400A-2026-00000035-00

Concello de Xove

Programas de dinamización lingüística

3.115,23 €

PL400A-2026-00000036-00

Concello de Vila de Cruces

Programas de dinamización lingüística

2.726,58 €

PL400A-2026-00000037-00

Concello de Val do Dubra

Mantemento ou reforzamento dun servizo

7.294,80 €

PL400A-2026-00000038-00

Concello de Narón

Mantemento ou reforzamento dun servizo

6.918,09 €

PL400A-2026-00000039-00

Concello de Mos

Programas de dinamización lingüística

3.127,20 €

PL400A-2026-00000040-00

Concello de Cabanas

Programas de dinamización lingüística

1.975,00 €

PL400A-2026-00000041-00

Concello de Ribeira

Mantemento ou reforzamento dun servizo

8.586,33 €

PL400A-2026-00000042-00

Concello de Boiro

Mantemento ou reforzamento dun servizo

6.332,12 €

PL400A-2026-00000043-00

Concello do Barco de Valdeorras

Programas de dinamización lingüística

2.905,96 €

PL400A-2026-00000044-00

Concello de Moraña

Programas de dinamización lingüística

3.151,11 €

PL400A-2026-00000045-00

Concello de Cariño

Programas de dinamización lingüística

3.121,22 €

PL400A-2026-00000046-00

Concello de Rianxo

Programas de dinamización lingüística

2.523,28 €

PL400A-2026-00000047-00

Concello de Vedra

Programas de dinamización lingüística

2.870,08 €

PL400A-2026-00000048-00

Concello de Ponteceso

Mantemento ou reforzamento dun servizo

5.919,55 €

PL400A-2026-00000049-00

Agrupamento dos concellos de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel

Programas de dinamización lingüística

4.352,96 €

PL400A-2026-00000050-00

Concello de Ames

Mantemento ou reforzamento dun servizo

9.423,44 €

PL400A-2026-00000051-00

Mancomunidade Voluntaria de Municipios da Comarca de Ordes

Mantemento ou reforzamento dun servizo

6.939,63 €

PL400A-2026-00000052-00

Concello de Silleda

Programas de dinamización lingüística

2.852,15 €

PL400A-2026-00000053-00

Concello de Vilagarcía de Arousa

Mantemento ou reforzamento dun servizo

7.988,40 €

PL400A-2026-00000054-00

Concello de Ourense

Mantemento ou reforzamento dun servizo

8.771,70 €

PL400A-2026-00000055-00

Concello de Oleiros

Mantemento ou reforzamento dun servizo

8.113,97 €

PL400A-2026-00000056-00

Concello de Arzúa

Mantemento ou reforzamento dun servizo

5.841,82 €

PL400A-2026-00000058-00

Concello da Coruña

Mantemento ou reforzamento dun servizo

9.507,15 €

PL400A-2026-00000059-00

Concello de Muxía

Programas de dinamización lingüística

2.080,00 €

PL400A-2026-00000060-00

Concello de Brión

Programas de dinamización lingüística

2.738,54 €

PL400A-2026-00000061

Concello de Valga

Mantemento ou reforzamento dun servizo

7.773,14 €

PL400A-2026-00000062

Concello de Barbadás

Programas de dinamización lingüística

3.007,60 €

PL400A-2026-00000063

Concello de Miño

Mantemento ou reforzamento dun servizo

7.181,19 €

PL400A-2026-00000064

Concello de Oia

Programas de dinamización lingüística

3.402,24 €

PL400A-2026-00000065

Concello de Ribadumia

Programas de dinamización lingüística

3.216,89 €

PL400A-2026-00000066

Concello de Ponte Caldelas

Programas de dinamización lingüística

1.950,00 €

PL400A-2026-00000067

Concello de Redondela

Mantemento ou reforzamento dun servizo

7.868,81 €

PL400A-2026-00000068

Concello de Carral

Mantemento ou reforzamento dun servizo

6.080,98 €

PL400A-2026-00000069

Concello de Lalín

Programas de dinamización lingüística

3.575,65 €

PL400A-2026-00000070

Concello de Betanzos

Mantemento ou reforzamento dun servizo

7.773,14 €

PL400A-2026-00000071

Concello de Caldas de Reis

Programas de dinamización lingüística

2.852,15 €

PL400A-2026-00000072

Concello de Celanova

Programas de dinamización lingüística

1.750,00 €

PL400A-2026-00000073

Concello de Soutomaior

Programas de dinamización lingüística

3.246,78 €

PL400A-2026-00000074

Agrupamento dos concellos de Rois e Dodro

Mantemento ou reforzamento dun servizo

7.536,36 €

PL400A-2026-00000075

Concello de Meis

Programas de dinamización lingüística

1.130,09 €

PL400A-2026-00000076

Agrupamento dos concellos de Castrelo de Miño e Boborás

Programas de dinamización lingüística

2.514,91 €

PL400A-2026-00000077

Concello de Valdoviño

Programas de dinamización lingüística

3.109,26 €

PL400A-2026-00000078

Concello da Guarda

Programas de dinamización lingüística

3.366,36 €

PL400A-2026-00000079

Concello do Porriño

Programas de dinamización lingüística

3.145,13 €

PL400A-2026-00000080

Concello de Mondariz

Programas de dinamización lingüística

3.390,28 €

Total:

350.000,00 €

ANEXO II

Número de expediente

Entidade

Modalidade

Motivo de denegación

PL400A-2026-00000057-00

Concello de Vilamartín de Valdeorras

Programas de dinamización lingüística

Artigo 1 da convocatoria