DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Mércores, 22 de xullo de 2026 Páx. 40626

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de xullo de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se somete a información pública o expediente de extinción por caducidade de concesión de augas (expediente DH.A15.25485).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar o expediente de extinción por transcurso do prazo da concesión indicada no anexo, correspondente ao expediente DH.A15.25485.

A persoa interesada poderá presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m3)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

DH.A15.25485

Albino Varela Brea

458 m3

Manancial

Doméstico

L: A Gándara

P: Coruxou (San Salvador)

C: Irixoa