DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Mércores, 22 de xullo de 2026 Páx. 40623

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de xuño de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Mañón (expediente DH.A15.101250).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Concello de Mañón.

Volume total anual: 14.618,25 m³/ano.

Caudal máximo instantáneo: 4,12 l/s.

Destino: abastecemento municipal (doméstico e gandeiro) á parroquia das Grañas do Sor.

Orixe: pozos nas zonas Faladoira 1 e Faladoira 2.

Faladoira 1.1 (existente).

Coord. UTM: x=597222; y=4825471 (ETRS89 fuso 29).

Faladoira 1.2 (existente).

Coord. UTM: x=597.234; y=4.825.487 (ETRS89 fuso 29).

Faladoira 1.3 (nova execución).

Coord. UTM: x=597.236; y=4.825.580 (ETRS89 fuso 29).

Faladoira 1.4 (nova execución).

Coord. UTM: x=597.234; y=4.825.535 (ETRS89 fuso 29).

Faladoira 2.1 (existente).

Coord. UTM: x=597.579; y=4.826.721; (ETRS-89 fuso 29).

Faladoira 2.2 (existente).

Coord. UTM: x=597.602; y=4.826.737; (ETRS-89 fuso 29).

Lugar: Alto da Faladoira.

Parroquia: As Grañas do Sor (San Mamede).

Concello: Mañón.

Descrición do aproveitamento:

No Alto da Faladoira están as captacións que o Concello de Mañón emprega para abastecer os lugares da parroquia das Grañas do Sor desde o depósito da Graña. Na zona que denominaremos Faladoira 1, na parcela con referencia catastral 15045A035003970000UB, existen dous pozos cuxas augas se conducen por gravidade ata unha caseta (depósito) e desde aí parte a tubaxe ata a estación de tratamento de auga potable (ETAP) e depósito da Graña. Nesta zona o Concello pretende executar dous novos pozos, con funcionamento complementario e puntual da traída, para conectar por bombeo coa caseta anterior ata A Graña.

Na zona que denominaremos Faladoira 2, na parcela con referencia catastral 15045A035003970000UB, existen dous pozos con bombeo que van a unha caseta (depósito) e desde aí parte outra tubaxe ata o depósito e ETAP da Graña.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) ), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na r/ Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 A Coruña. Para facilitar esta consulta poderase solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 23 de xuño de 2026

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte