DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Xoves, 23 de xullo de 2026 Páx. 40789

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 1 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador PS-XT- 03-2026.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación, de acordo co previsto no artigo 42 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar por causas non imputables á Administración ao descoñecerse o domicilio, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), emprázase a persoa interesada para proceder á notificación do acto administrativo citado no anexo.

Así, para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada emprazada, por si ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, Servizo de Coordinación Administrativa, situadas na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a notificación do acto quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, de conformidade co sinalado no referido acordo de incoación, a persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia para achegar cantas alegacións xulgue pertinentes. De no efectuar alegacións neste prazo sobre o contido do acordo de incoación, este poderá ser considerado proposta de resolución nos termos previstos polo artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 1 de xullo de 2026

A directora territorial de Vigo
P.A. (Artigo 35.2.1.e) do Decreto 139/2024, do 20 de maio)
María Ana Gómez Carrera
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Expediente: PS-XT-03-2026.

Persoa interesada: pasaporte KO7454692.

Acto de notificación: acordo do 30 de xuño de 2026 do procedemento sancionador.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 94.b) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Sanción proposta: artigo 96.b) da Lei 13/2008, do 3 de decembro.