José Frías Rodríguez, con DNI ***0571**, actuando como presidente da Comunidade Usuarios de Traída de Augas Mougás-Porto, por este anuncio convoco para o vindeiro día 4 de setembro de 2026, no Centro Cultural de Mougás (Oia-Pontevedra), ás 19.30 horas en primeira convocatoria e ás 20.00 horas en segunda convocatoria, a asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e a aprobación, de ser o caso, do que proceda:
1. Lectura da acta anterior.
2. Informe da xestión da comunidade.
3. Contas do exercicio 2025.
4. Investimentos.
5. Orzamento para o exercicio 2026.
6. Rogos e preguntas.
Oia, 29 de xuño de 2026
José Frías Rodríguez
Presidente da Comunidade Usuarios de Traída de Augas Mougás-Porto
