En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Expediente: DH.A15.70078.
Gestora de Subproductos de Galicia, S.L. solicita de Augas de Galicia a concesión dun aproveitamento de augas públicas coas seguintes características:
Solicitante: Gestora de Subproductos de Galicia, S.L.
DNI: ***8626**.
Volume total anual: 31.390 m³/ano.
Caudal máximo instantáneo: 3,75 l/s.
Destino: uso industrial.
Orixe: (1) x=543560, y=4775765 (fuso 29 ETRS89). (2) x=543576, y=4775586 (fuso 29 ETRS89).
Lugar: Areosa.
Parroquia: Xesteda (Santa Comba).
Concello: Cerceda.
Descrición do aproveitamento:
O aproveitamento consiste na captación de auga de dous pozos de barrena de 126 m de profundidade e 250 mm de diámetro, situados nas parcelas de RC 15024A058007020000HQ e 15024A058006970000HA, mediante bombas somerxibles de 5 CV, e as súas respectivas conducións mediante tubaxe de 50 mm de diámetro ata o depósito sito no predio con RC 15024A058007010000HG, para uso industrial.
Expediente DH.A15.19582.
Características do dereito inscrito: concesión dun caudal de 31.390 m³/ano procedente de dous pozos situados no lugar Areosa-Queixas, parroquia de Xesteda (Santa Comba), concello de Cerceda, con destino a uso industrial, outorgada a Gestora de Subproductos de Galicia, S.L. na Resolución da Presidencia de Augas de Galicia do 27.6.2005.
Causa de extinción: transcurso do prazo outorgado.
Servidumes: non se coñecen.
Iniciación: de oficio mediante o Acordo do xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro do 13.2.2025.
Identificación do aproveitamento: coord. UTM das captacións: (1) x= 543706 y=4776007 e (2) x=543702 y=4775821 (ED50).
Este anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescriben os artigos 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días naturais a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, polas vías establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
O proxecto obxecto deste expediente estará dispoñible para a súa consulta nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, (15704) en Santiago de Compostela (A Coruña), onde pode ser examinado por quen o desexe no dito prazo, logo de cita no teléfono 881 99 90 97 e na páxina web deste organismo de bacía https://augasdegalicia.xunta.gal, na sección denominada Participación pública.
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2026
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro
