DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Venres, 24 de xullo de 2026 Páx. 40953

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2026 pola que se dá publicidade da encomenda á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS) da realización de actividades de carácter técnico e de xestión do Plan de innovación sanitaria en medicina 5P Precisaúde, cofinanciado nun 60 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do Programa plurirrexional de España Feder 2021-2027, no marco da convocatoria de 2024 da liña FID para a compra pública de innovación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade da Resolución do 6 de xullo de 2026, da Consellería de Sanidade, pola que se encomenda á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS) a realización de actividades de carácter técnico e de xestión do Plan de innovación sanitaria en medicina 5P Precisaúde, cofinanciado nun 60 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do Programa plurirrexional de España Feder 2021-2027, no marco da convocatoria de 2024 da liña FID para a compra pública de innovación do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, coas seguintes características:

– Actividade: en virtude desta encomenda, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS) asumirá o desenvolvemento de actividades de carácter material, técnico ou de servizos que requira a xestión das actividades do Plan de innovación sanitaria Precisaúde e, máis concretamente, a colaboración na coordinación xeral do proxecto.

– Natureza e alcance da xestión: trátase dun encargo a un medio propio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico. Tal condición de medio propio establécese no artigo 5 dos estatutos da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, aprobados polo Decreto 112/2015, do 31 de xullo.

– Prazo de vixencia: desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, cunha duración máxima ata o 31 de decembro de 2029.

– Importe: 903.208,00 euros.

– Tarifas aplicables: Resolución da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), do 30 de xuño de 2022, pola que se ordena a publicación das tarifas para o desenvolvemento de actividades de consultoría e asistencia técnica, aprobadas polo Consello Reitor do 13 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 132, do martes 12 de xullo de 2022).

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2026

Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade e presidente do Servizo Galego de Saúde