DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Venres, 24 de xullo de 2026 Páx. 41234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 6 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente BS403B-2025-00003442 e dez máis.

En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, tras intentar en tempo e forma convidos a práctica das notificacións dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, notifícanse a través deste anuncio as resolucións ditadas no procedemento de conformidade co establecido na Orde do 30 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da Tarxeta Benvida, nos supostos de xestación, nacemento, adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente no ano 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B) publicada no Diario Oficial de Galicia, número 19, do 29 de xaneiro de 2025.

A través deste anuncio, emprázanse as persoas interesadas que figuran no dito anexo, por si ou a través das persoas que as representen legalmente, para que comparezan no prazo máximo de dez días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8º B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e terán á súa disposición os expedientes para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican.

Se as persoas interesadas non comparecen no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que as resolucións recaídas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte á súa notificación, practicada por comparecencia. Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse o recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto que se impugna, no prazo dun mes a partir do día seguinte á súa notificación, efectuada por comparecencia.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2026

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolucións favorables de ampliación da axuda económica
da Tarxeta Benvida (procedemento BS403B)

Núm. de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/pasaporte

Acto que se notifica e data

BS403B-2025-00003442

21075008Q

Resolución do 12.5.2026

BS403B-2025-00003744

72102636M

Resolución do 12.5.2026

BS403B-2025-00004019

44655670C

Resolución do 12.5.2026

BS403B-2025-00004487

Z2298771H

Resolución do 12.5.2026

BS403B-2025-00004707

X7875686A

Resolución do 12.5.2026

BS403B-2025-00005204

45158914R

Resolución do 12.5.2026

BS403B-2025-00005331

33545472H

Resolución do 12.5.2026

BS403B-2025-00005943

Y8725061W

Resolución do 12.5.2026

BS403B-2025-00006533

79342510P

Resolución do 12.5.2026

BS403B-2025-00007018

32962071N

Resolución do 12.5.2026

BS403B-2025-00009019

35490451W

Resolución do 12.5.2026