DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Venres, 24 de xullo de 2026 Páx. 41228

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 6 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifica a resolución ditada no expediente BS403B-2026-00002173.

En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, logo de intentar no tempo e na forma adecuados a práctica da notificación do acto que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, notifícase a través deste anuncio a resolución ditada no procedemento de conformidade co establecido na Orde do 21 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da Tarxeta Benvida, nos supostos de xestación, nacemento, adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente no ano 2026, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B) publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 24, do 5 de febreiro de 2026.

A través deste anuncio, emprázase a persoa interesada que figura no dito anexo, por si ou a través da persoa que a represente legalmente, para que compareza no prazo máximo de dez días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8º B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e terá á súa disposición o expediente para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica.

Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que a resolución recaída neste procedemento esgota a vía administrativa e contra ela, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte á súa notificación, practicada por comparecencia. Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interpoñerse o recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto que se impugna, no prazo dun mes a partir do día seguinte á súa notificación, efectuada por comparecencia.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2026

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución denegatoria (procedemento BS403B)

Núm. de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/pasaporte

Acto que se notifica e data

BS403B-2026-00002173

Y4720778L

Resolución do 15.5.2026