A instalación denominada Substitución dos apoios AHM86Q4G//276, AHKSAEP2//277, AHJHDTIT//278 e AHI9H2JU//279 da LMTA LAL805 foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 19 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.
Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o 23 de setembro de 2026, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Forcarei.
A persoa interesada recibirá unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lle comunicarán a data e a hora en que deberá presentarse no seu predio, informándoa de que poderá ir acompañada por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o considera conveniente.
Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 2 de xullo de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Nº |
Referencia catastral |
Lugar |
Titular |
Núm. apoio |
m² solo |
|
1 |
36018A071001710000XI |
Bosque |
Descoñecido |
1 |
2,25 |
|
2 |
6018A071002750000XW |
Bosque |
Descoñecido |
1 |
1,44 |
|
3 |
36018A071003670000XU |
Devesa |
Descoñecido |
1 |
1,44 |
|
4 |
36018A071004790000XM |
Coviña |
Descoñecido |
1 |
1,44 |
