DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Venres, 24 de xullo de 2026 Páx. 41274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de xuño de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Carballo (expediente DH.W15.117852).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: José Antonio García Ferreiro.

DNI: ***2875**.

Expediente: DH.W15.117852.

Lugar: Regueira de Arriba.

Parroquia: Lema (San Cristovo).

Concello: Carballo (A Coruña).

Descrición das actuacións:

– Execución dun muro de peche de parcela 7721110NH2972S0001JH.

A documentación pode consultarse na sección participación pública do portal de internet de Augas de Galicia https://augasdegalicia.xunta.gal e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer 2, 9º andar, 15008 A Coruña.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 23 de xuño de 2026

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte