Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida da Habana, 79, 1º, 32004, Ourense).
O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.
O prazo do que dispón a persoa solicitante do dereito para achegar a documentación requirida é de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a Comisión ditará a resolución que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previsto na lei.
Ourense, 9 de xullo de 2026
Beatriz Fernández Fernández
Directora territorial de Ourense
ANEXO
|
Núm. expediente |
DNI/equivalente |
|
PR204A 2026/1783-3 |
45666754R |
|
PR204A 2026/2461-3 |
44477043B |
|
PR204A 2026/2674-3 |
44446456Z |
|
PR204A 2026/2969-3 |
34973319W |
|
PR204A 2026/3056-3 |
44664993M |
|
PR204A 2026/3072-3 |
34973319W |
|
PR204A 2026/2775-3 |
44460845M |
|
PR204A 2026/2854-3 |
44664993M |
|
PR204A 2026/2966-3 |
34973319W |
|
PR204A 2026/3306-3 |
05273885P |
