DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Luns, 27 de xullo de 2026 Páx. 41303

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a relación de escolas de arte e superiores de deseño autorizadas para impartir ciclos formativos plurilingües (PluriArt), así como os ciclos formativos autorizados, para o curso 2026/27.

Mediante a Resolución do 23 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se establecen as bases para o desenvolvemento dos ciclos formativos plurilingües nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño (PluriArt) para o curso 2026/27 (DOG núm. 123, do 3 de xullo), establécese a convocatoria para as escolas de arte e superiores de deseño que desexen impartir estes ciclos plurilingües no curso 2026/27.

O punto décimo terceiro da antedita resolución do 23 de xuño de 2026 establece que a directora xeral de Formación Profesional ditará unha resolución que conterá a relación de escolas de arte e superiores de deseño e ciclos autorizados, e que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar a relación de escolas de arte e superiores de deseño autorizadas para impartir ciclos formativos plurilingües (PluriArt) no curso 2026/27, así como os ciclos formativos autorizados.

Segundo. Contra esta resolución poderase interpor un recurso de alzada ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2026

María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional

ANEXO

Escolas de arte e superiores de deseño autorizadas para impartir ciclos formativos plurilingües (PluriArt) no curso 2026/27 e ciclos formativos autorizados

Código

Escola de arte e superior de deseño

Ciclo

Idioma

15005506

EASD Pablo Picasso

Ilustración

(ciclo formativo de grao superior)

Inglés

27006589

EASD Ramón Falcón

Fotografía

(ciclo formativo de grao superior)

Inglés