DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 28 de xullo de 2026 Páx. 41867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 14 de xullo de 2026, da Área Provincial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes VI428C-997592 e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos adoptounos a xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Ourense.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Sáenz Díez, núm. 1, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 14 de xullo de 2026

Esther Rodríguez Casal
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

Acto obxecto de notificación

VI428C-997592

41578442P

Resolución de desistencia da inscrición no Rexistro de Demandantes

VI428C-104049

34907874S

Resolución de desistencia da inscrición no Rexistro de Demandantes

VI428C-101670

48331105D

Resolución de desistencia da inscrición no Rexistro de Demandantes

VI428C-100867

Y6290916Q

Resolución de desistencia da inscrición no Rexistro de Demandantes

VI428C-999886

49711323C

Resolución de desistencia da inscrición no Rexistro de Demandantes

214575

53921127L

Resolución de inscrición no Rexistro de Demandantes

213012

44498690S

Resolución de inscrición no Rexistro de Demandantes

107074

44447720J

Resolución de renovación da inscrición no Rexistro de Demandantes