Unha vez presentada a renuncia de dúas vogais suplentes do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo, mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo C1, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 19 de novembro de 2025 (DOG núm. 228, do 25 de novembro), e de conformidade co establecido nas bases da devandita convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas por Aldara Míguez González e Iris Ferradás Cao como vogais suplentes do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galicia, subgrupo C1.
Segundo. Nomear no seu lugar como vogais suplentes do devandito tribunal a María Dolores Carballal Paradela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, e a Marta Trebolle Rodríguez, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
