DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 28 de xullo de 2026 Páx. 41816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 3 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución ditada no expediente 2014/184-36.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo, para proceder á notificación da resolución ditada no expediente instruído que se relaciona no dito anexo de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no dito expediente tramitado neste Departamento Territorial de Vigo.

Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada por si ou a través da persoa que legalmente a represente poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, do Departamento Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais e das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte á súa notificación practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 3 de xullo de 2026

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente: 2014/184-36.

Persoa interesada: 39459965S.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 3 de marzo de 2026.

Efectos xurídicos que produce a resolución: cesamento de medida administrativa.