DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 28 de xullo de 2026 Páx. 41829

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 de xullo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, da notificación do requirimento de execución forzosa en materia de seguridade industrial no expediente con referencia SAI PCI 2023/18.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de intentada a notificación persoal no último enderezo coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos na Coruña, 1º andar (Servizo de Industria), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 14 de xullo de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF

Acto que se notifica

SAI PCI 2023/18

35653354L

Requirimento de documentación