DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 28 de xullo de 2026 Páx. 41792

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 16 de xullo de 2026 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para facilitar o financiamento da adquisición de uva polas adegas de elaboración de viño acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas para a campaña 2026, e se procede á súa convocatoria para os anos 2026 e 2027 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408F).

BDNS (Identif.): 921542.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/921542

Primeiro. Persoas beneficiarias

As empresas que teñan cando menos un centro de traballo en Galicia, e que sexan titulares de adegas de elaboración de viño (CNAE 1102), acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas.

As empresas poderán ser persoas físicas ou xurídicas. Tamén poderán ter a condición de persoas beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos anteriores.

Segundo. Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto facilitar o financiamento da adquisición de uva polas adegas de elaboración de viño acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas para a campaña 2026.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 16 de xullo de 2026 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para facilitar o financiamento da adquisición de uva polas adegas de elaboración de viño acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas para a campaña 2026, e se procede á súa convocatoria para os anos 2026 e 2027 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408F).

Cuarto. Importe

O crédito dispoñible para concesión nesta convocatoria aboarase con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7700 por un importe total de 2.000.000 €: 50.000 € no ano 2026 e 1.950.000 € no ano 2027.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computar o sexto día hábil posterior ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará o 16 de decembro de 2026 ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2026

Aïnhoa Mallo Martínez
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica