DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 29 de xullo de 2026 Páx. 41969

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 de xullo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia en varios expedientes de reclamación (IN635A 2025/000670-1 e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non puidesen practicarse faranse a través dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa publicación queda supeditada á súa inclusión no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de intentar a notificación persoal no último domicilio coñecido das persoas interesadas que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación no BOE deste anuncio, perante a Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (Reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 14 de xullo de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Interesada/o

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

54130198C

IN635A 2025/000670-1

Resolución

A Coruña

32829342Q

IN635A 2025/000682-1

Resolución

A Coruña

32330257P

IN635A 2026/000228-1

Alegacións

Carballo

33167397V

IN635A 2026/000238-1

Alegacións

A Coruña

77574893X

IN635A 2026/000257-1

Alegacións

Ribeira

32619824M

IN635B 2026/000028-1

Alegacións

Narón