DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 29 de xullo de 2026 Páx. 41972

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 15 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se lle notifica á persoa interesada a Resolución do 29 de xuño de 2026 relativa a unha instalación eléctrica no concello de Monterrei na provincia de Ourense (expediente IN407A 2026/029-3).

Mediante a Resolución do 29 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declarouse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Monterrei (expediente IN407A 2026/029-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que no anexo se relacionan para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

A persoa interesada, ou o seu representante, deberán comparecer no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 15 de xullo de 2026

Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado
ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2026/029-3.

Situación: lugar de Albarellos, concello de Monterrei.

Denominación: Adecuación CT Albarellos GC-32AK00.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32051A120001180000OR.

Paraxe: Barxonca.

Cultivo: labradío.

Titular: descoñecido.

Afeccións: ocupación de 2 m² para o apoio núm. 48-10-CT e de 15,30 m² de servidume de acceso.