DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 30 de xullo de 2026 Páx. 42158

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2026 pola que se regula o procedemento mediante o cal as persoas propietarias de parcelas incluídas no ámbito do proxecto de interese autonómico para a planificación e proxección de actuacións de creación de solo destinado maioritariamente á construción de vivendas sometidas a algún réxime de protección pública en Pontevedra (sector B, sector leste-estrada de San Mauro) poden manifestar a súa vontade de participar no desenvolvemento do devandito ámbito.

Correspóndelle ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), de conformidade co establecido na Lei 3/1988, do 27 de abril, da súa creación, a realización da política de vivenda da Xunta de Galicia, co fin de garantir os dereitos constitucionais a unha vivenda digna e adecuada, especialmente para os sectores con menos capacidade económica, e a unha utilización do solo de acordo co interese xeral, erradicando a especulación e actuando como elemento de regulación do mercado inmobiliario e de mellora ambiental.

No exercicio de tales funcións, o IGVS promove un proxecto de interese autonómico para a planificación e proxección de actuacións de creación de solo destinado maioritariamente á construción de vivendas sometidas a algún réxime de protección pública en Pontevedra (sector B-5, sector leste-estrada de San Mauro), cuxa xestión se levará a cabo polo procedemento de expropiación forzosa, de acordo co establecido no artigo 67.1 da Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. Non obstante, ao abeiro do artigo 67.bis do citado texto legal, o IGVS quere posibilitar que as persoas propietarias de parcelas incluídas dentro do mencionado ámbito poidan participar no seu desenvolvemento.

A participación das devanditas persoas, consonte establece o número 2 do citado precepto, será proporcional á superficie achegada das súas parcelas de orixe e articularase mediante a sinatura dun convenio no que se establezan as condicións, termos e proporción da súa vinculación á xestión urbanística do ámbito mediante a súa participación nas cargas que a ordenación urbanística comporte e no que se identificarán as parcelas do conxunto do ámbito nas que se materializará a atribución do aproveitamento que lles corresponda, así como as garantías que aseguren o cumprimento das condicións impostas.

Co fin de posibilitar a devandita participación, resulta necesario regular un procedemento polo cal as persoas propietarias de parcelas incluídas no mencionado ámbito poidan manifestar a súa vontade de querer intervir no seu desenvolvemento. Unha vez que se comprobe que reúnen os requisitos para participar, o IGVS formalizará un convenio de participación con cada unha das persoas interesadas.

En consecuencia, e segundo o disposto no artigo 4 do Decreto 143/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do IGVS,

RESOLVO:

Regular o procedemento polo cal as persoas propietarias de parcelas incluídas no ámbito do proxecto de interese autonómico (en diante, PIA) para a planificación e proxección de actuacións de creación de solo destinado maioritariamente á construción de vivendas sometidas a algún réxime de protección pública en Pontevedra (sector B-5, sector leste-estrada de San Mauro) poden manifestar a súa vontade de participar no desenvolvemento do devandito ámbito mediante a promoción e a construción de vivendas nas parcelas de resultado das que sexan adxudicatarias, de conformidade co establecido no artigo 67.bis da Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

A participación será proporcional á superficie que se achegue das parcelas de orixe incluída no ámbito do PIA e levará consigo a atribución ás persoas propietarias dun aproveitamento que se materializará na/nas parcela/s que resulten do desenvolvemento do PIA, conforme os criterios de preferencia e ponderación que figuran nesta resolución e nos seus anexos.

A superficie sobrante da/s parcela/s de orixe que exceda da necesaria para a adxudicación da/das parcela/as de resultado solicitadas polas persoas que participen no desenvolvemento será adquirida polo IGVS conforme o procedemento de determinación do prezo xusto establecido na normativa sobre expropiación forzosa.

As persoas que participen no desenvolvemento terán a obriga de contribuír ás cargas que a ordenación e urbanización comporte, no termos que figuren nos convenios que se asinen, así como ás demais obrigas que se recollen nesta resolución.

O procedemento rexerase polas seguintes regras:

Primeira. Persoas que poden participar

1. Poderán manifestar a súa vontade de participar no desenvolvemento do PIA as persoas propietarias das parcelas que, estando incluídas total ou parcialmente dentro do seu ámbito, cumpran as seguintes condicións:

a) Que se adquirisen antes do 20 de agosto de 2025, data de publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución, da presidenta do IGVS, do 5 de agosto de 2025 pola que se aproba a delimitación do ámbito de actuación que será obxecto do PIA. Exceptúase o suposto de adquisicións mortis causa producidas con posterioridade á indicada data.

A titularidade deberá constar en documento público.

b) Que as devanditas parcelas teñan a superficie mínima exixida no anexo I para a adxudicación da/das parcela/as de resultado que se soliciten. Para estes efectos, permitirase a agrupación de varias parcelas, aínda que pertenzan a distintas persoas propietarias, e non se terán en conta os bens e/ou dereitos de calquera natureza que poidan existir sobre as devanditas parcelas.

c) Que na data de publicación desta resolución non teñan ningunha construción que, conforme a normativa de aplicación, reúna as condicións necesarias para poder ser cualificada como vivenda.

d) Que estean libres de cargas, gravames e dereitos reais que poidan supor un obstáculo económico, xurídico e/ou técnico para o desenvolvemento do PIA.

2. Co fin de asegurar o mantemento das propostas presentadas ata a formalización do correspondente convenio de participación, será requisito necesario para participar no desenvolvemento do PIA constituír unha garantía provisional por un importe equivalente a 1,5 euros por cada m2 de superficie da parcela de orixe que se achegue para o devandito desenvolvemento.

A garantía poderá constituíla ben a persoa propietaria ou ben outra no nome dela en calquera das modalidades previstas no artigo 108.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, e deberá estar formalizada en favor do IGVS na Caixa Xeral de Depósitos da Tesourería Xeral da Xunta de Galicia.

No suposto de que varias persoas propietarias realicen conxuntamente unha proposta de participación, o importe da garantía estará determinado pola superficie achegada por todas elas na proposta de participación. Nestes casos, a garantía responderá solidariamente da obriga de formalizar o convenio, de modo que se incautará na súa totalidade, no caso de que algunha das persoas propietarias non chegue a participar na entidade que, para estes supostos, deba constituírse.

A garantía provisional seralle devolta á persoa que a constituíu no prazo máximo dun mes desde a formalización do convenio de participación.

Segunda. Criterios para a determinación da superficie das parcelas de orixe

A superficie das parcelas de orixe determinarase de acordo cos seguintes criterios:

a) Nos supostos de parcelas non inscritas no Rexistro da Propiedade, terase en conta a superficie que figure na certificación descritiva e gráfica actualizada, expedida pola Dirección Xeral do Catastro.

Nos casos nos que non exista concordancia entre a superficie reflectida na certificación catastral e a recollida no documento de adquisición da parcela, non se admitirán as parcelas nas que exista unha diferenza de superficie superior ao 10 %.

b) Nos supostos de parcelas inscritas no Rexistro da Propiedade, terase en conta a superficie que figure na certificación descritiva e gráfica expedida pola Dirección Xeral do Catastro, sempre e cando exista coincidencia plena coa certificación de dominio do Rexistro da Propiedade ou cando a diferenza de cabida sexa igual ou inferior ao 10 %.

Se a diferenza excedese o 10 %, a persoa interesada deberá tramitar o correspondente procedemento de rectificación de cabida, conforme o previsto na lexislación hipotecaria. A resolución deste procedemento será condición necesaria para presentar a proposta de participación e a superficie que se terá en conta será a que resulte do devandito procedemento de rectificación.

Terceira. Presentación das propostas de participación

1. As persoas interesadas en participar no desenvolvemento do PIA deberán presentar a súa proposta de participación ante a Dirección Xeral do IGVS, na que farán constar o seguinte:

a) Datos persoais da persoa propietaria (nome e apelidos, enderezo para os efectos das notificacións, teléfono de contacto, así como enderezo de correo electrónico).

No suposto de que a proposta de participación sexa realizada conxuntamente por varias persoas propietarias, deberán constar os datos persoais de todas as que a integran, así como da persoa que as represente, conforme o antes indicado.

b) Relación de parcelas de orixe achegadas para participar no desenvolvemento do PIA, con indicación da súa referencia catastral, titularidade, superficie expresada en m2 e, de ser o caso, datos rexistrais das parcelas. Para estes efectos, deberase utilizar o modelo que figura no anexo II desta resolución.

Non se poderá incluír a mesma parcela de orixe en máis dunha proposta de participación.

c) Identificación da/das parcela/s de resultado na/nas que se pretende materializar o aproveitamento, segundo a relación e o plano que figuran no anexo I. Para estes efectos, a persoa propietaria pode sinalar varias parcelas, sempre que pola superficie da súa/s parcela/s de orixe e segundo os criterios de ponderación establecidos no anexo I desta resolución poida acceder a elas/s. Nestes casos, deberá sinalar a súa prioridade entre as parcelas solicitadas, segundo o cadro que figura no anexo II.

2. As propostas de participación deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

a) Copia do documento nacional de identidade ou, de ser o caso, do número de identificación de estranxeiro cando a persoa propietaria sexa unha persoa física. Se se trata dunha persoa xurídica, deberá presentar a copia do número de identificación fiscal e da escritura pública de constitución e, de ser o caso, de modificación, inscritas no rexistro público correspondente.

Cando a propiedade da parcela recaia en máis dunha persoa, física ou xurídica, deberanse achegar os documentos acreditativos da identidade de todas elas e da súa cota de participación.

b) Documento acreditativo da representación, de ser o caso.

c) Copia auténtica do documento público que acredite a propiedade de cada unha das parcelas de orixe.

d) Certificación rexistral actualizada de cada unha das parcelas de orixe. No caso de que non estea inscrita, presentarase certificación negativa do Rexistro da Propiedade.

e) A certificación descritiva e gráfica actualizada da Dirección Xeral do Catastro de cada unha das parcelas de orixe. Para estes efectos, non se admitirán propostas de participación relativas a parcelas sobre as que existan solicitudes de modificación de datos catastrais ou recursos pendentes de resolución pola Dirección Xeral do Catastro.

f) Declaración responsable da persoa propietaria de que non existen cargas, gravames nin dereitos reais sobre a parcela ou parcelas de orixe. No caso de existiren, deberanse describir, para os efectos de que o IGVS determine se representan ou non un obstáculo económico, xurídico ou técnico para o desenvolvemento do PIA.

g) Certificación acreditativa de estar ao día no pagamento do imposto de bens inmobles e de calquera outro tributo ao cal estea suxeita cada unha das parcelas de orixe.

h) Resgardo expedido pola Caixa Xeral de Depósitos, acreditativo da constitución da garantía provisional exixida para asegurar o mantemento das propostas de participación ata a formalización do convenio.

i) No caso de que a proposta de participación sexa realizada por varias persoas propietarias, compromiso asinado por todas elas de constituír unha sociedade civil ou mercantil, unha cooperativa ou, de ser o caso, unha unión temporal de empresas (UTE), con carácter previo á sinatura do convenio de participación. A devandita entidade deberá ter por obxecto a participación no desenvolvemento do PIA mediante a promoción e a construción de vivendas, nos termos previstos no artigo 67.bis da Lei 5/2024, do 27 de decembro.

3. As propostas de participación, acompañadas da documentación anterior, deberán presentarse ante o Rexistro Xeral do IGVS, situado no Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, de Santiago de Compostela. Non obstante, tamén poderán presentarse nos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. O prazo para poder presentar as propostas de participación será desde o 1 de setembro ata o 30 de novembro de 2026, ambos os dous incluídos.

Cuarta. Requirimento de emenda

1. No caso de que a proposta de participación e/ou a documentación presentada non se axuste ao disposto nesta resolución, concederase un prazo de dez días hábiles para que se emenden as deficiencias detectadas ou se presenten os documentos preceptivos.

2. Logo de que transcorra o devandito prazo sen emendar ou presentar os documentos requiridos, a persoa titular da Dirección Xeral do IGVS ditará a resolución pola que se considerará rexeitada a manifestación da vontade de participar no desenvolvemento do ámbito.

Quinta. Resolución

1. A persoa titular da Dirección Xeral do IGVS ditará unha resolución de aceptación ou rexeitamento de cada unha das propostas de participación presentadas. O prazo máximo para ditar e notificar a devandita resolución será de tres meses desde a presentación da proposta de participación. Logo de que transcorra o devandito prazo sen que se notificase a resolución, entenderase rexeitada a proposta.

2. Serán rexeitadas aquelas propostas de participación que non cumpran as condicións exixidas nesta resolución. Tamén serán rexeitadas aqueloutras que, aínda cumprindo as ditas condicións, solicitasen parcelas de resultado que non lles poidan asignar por coincidir con propostas con maior preferencia, en virtude do disposto no punto seguinte.

A resolución de rexeitamento levará consigo a devolución da garantía provisional constituída para participar no procedemento de desenvolvemento do PIA.

3. A resolución de aceptación recoñecerá o dereito da persoa ou persoas propietarias a participar no desenvolvemento do PIA, identificará a parcela ou parcelas de resultado nas que se materializará o aproveitamento e o tipo de vivenda que se poderá construír nelas, segundo a parcela ou parcelas adxudicadas.

Para o caso de coincidir varias propostas nunha mesma parcela, a resolución daralle preferencia a aquela que achegue máis superficie de parcelas de orixe.

Ningunha proposta, xa se realice de forma individual ou con outras, poderá resultar adxudicataria de parcelas de resultado que representen, no seu conxunto, máis de 15.400 m2 de superficie construída edificable de vivenda libre colectiva, agás que non concorra con outras propostas ou que, malia a devandita concorrencia, as propostas presentadas non esgoten a superficie construída edificable de vivenda libre colectiva.

4. A resolución concretará tamén o importe da garantía definitiva que se deba constituír antes da formalización do convenio para responder das cargas derivadas da ordenación e da urbanización do ámbito, consonte o previsto no punto 3 do ordinal sexto.

5. A eficacia da resolución de aceptación da participación no desenvolvemento do PIA quedará condicionada, en todo caso, á formalización do correspondente convenio de participación.

Sexta. Convenio de participación

1. O convenio de participación establecerá as condicións, termos e proporción da vinculación da persoa propietaria ou, de ser o caso, da entidade constituída á xestión urbanística do ámbito mediante a súa participación nas cargas que a ordenación e urbanización comporte, así como a identificación das parcelas do conxunto do ámbito no que se materializará a atribución do aproveitamento que lles corresponda e o tipo de vivendas que se poderán construír nelas.

2. O convenio deberá formalizarse no prazo máximo de dous meses, que se contarán desde a notificación da resolución de aceptación. Esta formalización levará consigo a devolución da garantía provisional no prazo dun mes.

3. Para a formalización do convenio, será requisito necesario que as persoas interesadas presenten ante a Dirección Xeral do IGVS, dentro do prazo máximo que se determine na resolución de aceptación, a seguinte documentación:

a) Un resgardo expedido pola Caixa Xeral de Depósitos acreditativo da constitución da garantía definitiva exixida pola resolución de aceptación da participación.

O seu importe será dun 10 % das cargas estimadas para a ordenación e urbanización do ámbito, que ascenden a 142,67 € por cada m2 de superficie de parcela de orixe que se achegue para a obtención da/das parcela/s de resultado asignada/s.

A devandita garantía poderá constituíla ben a persoa propietaria ou ben outra no nome dela, en calquera das modalidades previstas no artigo 108.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, e deberá estar formalizada en favor do IGVS na Caixa Xeral de Depósitos da Tesourería Xeral da Xunta de Galicia.

A garantía definitiva devolveráselle á persoa que a constituíu no prazo máximo dun mes desde a recepción das obras de urbanización.

b) No caso de propostas de participación realizadas por máis dunha persoa, escritura pública de constitución dunha sociedade civil, mercantil, cooperativa ou, de ser o caso, UTE ou certificación do Rexistro Mercantil que acredite a constitución da sociedade, a súa vixencia, o obxecto social, así como as persoas que ocupan os cargos de administración ou representación na sociedade.

4. A non formalización do convenio no prazo indicado por causa imputable á persoa ou entidade propietaria producirá as seguintes consecuencias:

a) A incautación da garantía provisional constituída para presentar a proposta de participación e, de ser o caso, a devolución da garantía definitiva que se constituíse para a formalización do convenio.

b) A adquisición polo IGVS da parcela ou parcelas de orixe achegadas para participar no desenvolvemento do PIA, conforme o procedemento de determinación do prezo xusto establecido na normativa sobre expropiación forzosa.

Sétima. Obrigas das persoas e entidades que participen no desenvolvemento do ámbito

1. As persoas e entidades que participen no desenvolvemento do PIA terán as seguintes obrigas:

a) Sufragar as cargas de ordenación e urbanización do ámbito, nos termos establecidos no convenio de participación.

Se o importe final das devanditas cargas excede en máis do 20 % do valor inicial estimado para o cálculo da garantía definitiva, as persoas e entidades que asinasen o convenio poderán renunciar á participación. A devandita renuncia comportará que o IGVS devolva as cantidades aboadas en tal concepto, máis os xuros que correspondan, así como que o dito organismo adquira as parcelas de que fosen propietarias, conforme o procedemento de determinación do prezo xusto establecido na normativa sobre expropiación forzosa.

b) Construír a/as vivenda/s indicadas na resolución de aceptación. Para estes efectos, deberán aterse aos seguintes prazos:

– Solicitar a licenza urbanística no prazo de catro meses desde a recepción das obras de urbanización e a inscrición no Rexistro da Propiedade do proxecto de parcelación ou, de ser o caso, de reparcelación.

– Iniciar a execución das obras previstas no prazo máximo de tres meses desde a obtención da licenza urbanística municipal e, en todo caso, respectar os prazos para edificar establecidos na normativa urbanística.

– Finalizar as obras de construción das vivendas nos prazos establecidos nas licenzas que se outorguen e, en todo caso, no prazo máximo de tres anos, que se contarán desde a obtención da licenza urbanística municipal.

Os devanditos prazos poderán ampliarse cando concorran causas debidamente xustificadas, logo de que o autorice o IGVS e sen prexuízo do que determine a normativa urbanística ao respecto. Para os efectos da dita ampliación, poderase ter en conta, entre outras circunstancias, a situación do mercado nese momento.

As obras de edificación poderán executarse simultaneamente ás de urbanización, coas condicións establecidas no artigo 28 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

c) As demais obrigas que, de ser o caso, se establezan nos convenios que se formalicen.

2. Que as persoas e entidades que participen no desenvolvemento do ámbito incumpran as obrigas recollidas no número anterior determinará que o IGVS adquira, vía expropiación forzosa, as parcelas adxudicadas, conforme o procedemento de determinación do prezo xusto establecido na normativa sobre expropiación forzosa, tendo en conta a situación básica do solo o 20 de agosto de 2025, data de publicación no Diario Oficial de Galicia da Resolución da presidenta do IGVS do 5 de agosto de 2025.

No caso de incumprimento da obriga prevista na letra a) do número anterior, o IGVS, ademais, incautará a garantía definitiva e, de ser o caso, devolverá, sen xuros, as cantidades aboadas ata ese momento en concepto de cargas de ordenación e urbanización do ámbito.

No caso de incumprimento das obrigas recollidas nas letras b) e c) do número anterior, o IGVS, adicionalmente, devolverá, sen xuros, as cantidades aboadas ata ese momento para facer fronte ás cargas derivadas da ordenación e da urbanización, e reterá, en concepto de penalización, o 10 % do devandito importe.

Oitava. Entrega das parcelas de resultado

A entrega das parcelas de resultado terá lugar desde a inscrición no Rexistro da Propiedade do proxecto de parcelación ou, de ser o caso, de reparcelación, e a recepción das obras de urbanización. Exceptúase o suposto de que a inscrición no Rexistro da Propiedade do devandito proxecto se produza con anterioridade á recepción das obras de urbanización e as persoas e entidades participantes soliciten expresamente a súa entrega nos termos establecidos no convenio de participación.

Novena. Transmisión

1. Unha vez que se entreguen as parcelas de resultado conforme o sinalado no ordinal anterior, as persoas e as entidades participantes poderán transmitir as parcelas de resultado entregadas e os novos adquirentes quedarán subrogados nos dereitos adquiridos e nas obrigas asumidas nos correspondentes convenios.

2. Os convenios nos que se articule a participación establecerán o procedemento para realizar a devandita transmisión, que deberá ser autorizada polo IGVS.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2026

María Martínez Allegue
Presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO I

Ponderación de superficies e relación de parcelas de resultado

Superficie total do ámbito (m²)

214.486

Superficie computable (m²)

206.132

Superficie edificable (m² c)

226.700

Superficie SX adscritos (m²)

0

Aproveitamento tipo

1,487709

Aproveitamento susceptible de apropiación polas persoas propietarios

275.998,05

Gastos de execución PIA (€)

29.408.797 €

Custo da participación/m² parcela orixe

142,6498 €/m²

Superficie edificable máxima de VL colectiva dun participante (m² c)

15.400 m² c

Coeficientes de ponderación

VP

VL colectiva

VL unifam.

TER PB

TER

Total

Coeficiente ponderación

1,00

3,01

1,36

1,37

0,00

Superficie (m² c)

164.250

34.700

5.000

22.750

0

226.700

Aproveitamento

164.250,00

104.447,00

6.800,00

31.167,50

0,00

306.664,50

Parcelas de resultado nas que se pretende materializar o aproveitamento

Nome

VL colectiva (m² c)

VL unifam. (m² c)

VP

(m² c)

TER PB (m² c)

TER

(m² c)

Aproveitamento

Superficie precisa de parcela de orixe (m²)

Cota de participación

PL-RES-01

PL-RES-01 A

3.400

1.000

11.604

8.667

4,204 %

PL-RES-01 B

5.000

700

16.009

11.956

5,800 %

PL-RES-02

PL-RES-02 A

6.100

650

19.252

14.379

6,975 %

PL-RES-02 B

5.100

600

16.173

12.079

5,860 %

PL-RES-02 C

4.200

1.750

15.040

11.233

5,449 %

PL-RES-03

PL-RES-03 A

3.800

700

4.759

3.554

1,724 %

PL-RES-03 B

4.600

4.600

3.436

1,667 %

PL-RES-03 C

7.300

1.300

9.081

6.782

3,290 %

PL-RES-04

PL-RES-04 A

5.000

650

5.891

4.400

2,134 %

PL-RES-04 B

7.000

850

8.165

6.098

2,958 %

PL-RES-05

PL-RES-05 A

5.000

450

5.617

4.195

2,035 %

PL-RES-05 B

5.900

400

6.448

4.816

2,336 %

PL-RES-05 C

5.700

350

6.180

4.616

2,239 %

PL-RES-06

6.500

500

7.185

5.366

2,603 %

PL-RES-07

2.700

2.700

2.017

0,978 %

PL-RES-08

5.000

5.000

3.734

1,812 %

PL-RES-09

PL-RES-09 A

7.000

500

7.685

5.740

2,784 %

PL-RES-09 B

4.500

4.500

3.361

1,630 %

PL-RES-10

6.200

6.200

4.631

2,246 %

PL-RES-11

PL-RES-11 A

5.000

800

6.096

4.553

2,209 %

PL-RES-11 B

8.300

400

8.848

6.608

3,206 %

PL-RES-12

PL-RES-12 A

4.700

0

4.700

3.510

1,703 %

PL-RES-12 B

7.500

1.850

10.035

7.495

3,636 %

PL-RES-12 C

7.200

1.150

8.776

6.554

3,180 %

PL-RES-13

PL-RES-13 A

6.000

200

18.334

13.693

6,643 %

PL-RES-13 B

4.900

300

15.160

11.322

5,493 %

PL-RES-14

PL-RES-14 A

5.800

600

6.622

4.946

2,399 %

PL-RES-14 B

7.500

1.150

9.076

6.779

3,288 %

PL-RES-14 C

5.650

700

6.609

4.936

2,395 %

PL-RES-15

PL-RES-15 A

5.100

500

5.785

4.321

2,096 %

PL-RES-15 B

6.500

400

7.048

5.264

2,554 %

PL-RES-16

PL-RES-16 A

8.600

1.800

11.066

8.265

4,009 %

PL-RES-16 B

3.700

3.700

2.763

1,341 %

PL-RES-17

PL-RES-17 A

10.000

2.500

13.425

10.027

4,864 %

PL-RES-17 B

2.500

2.500

1.867

0,906 %

Superficie total do ámbito (m²): superficie bruta total da delimitación do PIA (excluídos os sistemas xerais adscritos).

Superficie computable (m²): superficie total do ámbito, excluídos os terreos afectos a dotacións públicas que o PIA manteña.

Superficie SX adscritos (m²): superficie dos sistemas xerais adscritos ao PIA.

VP: vivenda protexida plurifamiliar.

VL colectiva: vivenda libre unifamiliar.

VL unifam.: vivenda libre unifamiliar.

TER PB: uso terciario en planta baixa de edificación residencial.

TER: uso terciario en parcela exclusiva.

Superficie (m² c): superficie construída de edificación.

VL colectiva (m² c): superficie construída de vivenda libre plurifamiliar.

VL unifam. (m² c): superficie construída de vivenda libre unifamiliar.

VP (m² c): superficie construída de vivenda protexida plurifamiliar.

TER PB (m² c): superficie construída de uso terciario en planta baixa de edificación residencial.

Superficie edificable (m² c): superficie construída total, de todas as edificacións (incluídos todos os usos).

Coeficiente de ponderación: coeficiente que establece unha relación entre os diferentes valores de venda do solo urbanizado en función do seu uso.

Aproveitamento: aproveitamento lucrativo total da parcela (superficie construída de todos os usos, aplicando coeficientes de ponderación).

Superficie precisa de parcela de orixe (m²): superficie de parcela de orixe precisa para presentar a solicitude de participación para unha parcela urbanizada. Calcúlase dividindo o aproveitamento da parcela urbanizada entre o 90 % do aproveitamento tipo do ámbito do PIA.

Aproveitamento tipo: edificabilidade unitaria ponderada do ámbito do PIA. Calcúlase dividindo o aproveitamento, entre a suma da superficie computable e a superficie dos sistemas xerais adscritos.

Cota de participación: porcentaxe dos gastos de urbanización que un participante debe asumir durante a execución do PIA.

Custo da participación/m² da parcela de orixe: custo económico para un participante por cada metro cadrado de parcela orixe coa que participe.

missing image file

ANEXO II

Relación de parcelas de orixe achegadas para participar no desenvolvemento do PIA

Ref. catastral

Titular

Superficie (m2)

Datos rexistrais

Orde de prioridade

Nome da parcela de resultado

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

31

32

33

34

35

36

37

38