Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación, máis os xuros, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo.
Lugo, 15 de xullo de 2026
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/42-2.
Denominación: Adecuación da LMTA BCR807 entre os apoios núm. 268 e CT 27AJ75 Cervantes.
|
Predio |
Titularidade proposta |
Depósito núm. |
|
2 |
Monte veciñal de Donís (fiscal) |
290/2026 |
|
3 |
Herdeiros de Hermina González Quiroga (rpte. María Rosa Fernández González) |
291/2026 |
