DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 30 de xullo de 2026 Páx. 42393

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario

ANUNCIO de provisión de tres vacantes de académicas/os de número nas seccións de Escultura, Arquitectura e Artes da Imaxe, e de catro prazas de académicas/os correspondentes.

A Real Academia Galega de Belas Artes anuncia a provisión de tres vacantes de académicas/os de número: unha na Sección de Escultura, unha na Sección de Arquitectura e unha na Sección de Artes da Imaxe. Así mesmo, anúnciase a provisión de catro prazas de académicas/os correspondentes. A adxudicación destas prazas realizarase entre aquelas persoas que acrediten os seus méritos artísticos, científicos e culturais.

As persoas que polas súas actividades a favor da arte consideren que están en posesión das condicións esixidas para aspirar a estas prazas deberán acreditar os seus méritos presentando o seu respectivo currículo. Ademais, cada unha delas terá que ser proposta por tres académicas/os de número, dentro do prazo de trinta días naturais a partir da publicación deste anuncio.

Domicilio da Real Academia Galega de Belas Artes: praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1, 15001 A Coruña.

Correo electrónico: secretaria@academiagalegabelasartes.gal

A Coruña, 15 de abril de 2026

Manuel Quintana Martelo
Presidente