DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 31 de xullo de 2026 Páx. 42643

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 21 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, polo que se lle dá publicidade á declaración comprensiva da situación patrimonial dun alto cargo por cesamento.

O artigo 49.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece a obriga de todos os cargos públicos incluídos no seu ámbito de aplicación, definido no artigo 37, de cubrir unha declaración comprensiva da súa situación patrimonial no modelo que aprobe a persoa titular da consellería competente en materia de función pública.

Esta declaración deberá ser presentada no Rexistro de Bens Patrimoniais no prazo dos tres meses seguintes á data de toma de posesión e de cesamento, respectivamente, perante a Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Mediante a Orde do 3 de marzo de 2016 da persoa titular da consellería competente en materia de función pública apróbanse os modelos oficiais de declaracións que deben formular os altos cargos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 44, do 4 de marzo).

Segundo o Decreto 50/2026, do 1 de xuño (DOG núm. 101, do 2 de xuño), María Quintiana Pérez cesou no cargo de directora xeral de Promoción da Igualdade e presentou o anexo IV, «Contido da declaración de bens patrimoniais para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia», no Rexistro de Bens Patrimoniais de Altos Cargos.

Procede, en consecuencia, darlle publicidade ao contido do anexo presentado para tal efecto, comprensivo da situación patrimonial que declara no momento do seu cesamento, o cal se publica como anexo a este anuncio.

Tal e como consta no referido modelo anexo IV:

1. Non se inclúen os seguros de vida.

2. No suposto de bens indivisos, indícase o valor que corresponde segundo a porcentaxe de participación da persoa declarante no ben ou dereito patrimonial.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Titular do cargo: María Quintiana Pérez.

Cargo público orixe da declaración: directora xeral de Promoción da Igualdade.

Motivo: cesamento.

I. Activo.

1. Bens inmobles (segundo o valor catastral): 8.069,45 €.

2. Valor total doutros bens: 73.809,27 €.

3. Total: 81.878,72 €.

II. Pasivo (créditos, préstamos, débedas, etc.).