De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación, de acordo co previsto no artigo 42 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar por causas non imputables á Administración ao descoñocerse o domicilio, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), emprázase a persoa interesada para proceder á notificación do acto administrativo citado no anexo.
Así, para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persona interesada emprazada, en por si ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Departamento Territorial de Vigo de la Consellería de Política Social e Igualdade, Servizo de Coordinación Administrativa, situadas na rúa Concepción Arenal núm. 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a notificación do acto quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Advírtese que, de conformidade co sinalado no referido acordo de incoación, a persona interesada, dispón dun prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia para achegar cantas alegacións xulgue pertinentes. De non efectuar alegacións neste prazo sobre o contido do acordo de incoación, este poderá ser considerado proposta de resolución nos termos previstos polo artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Vigo, 10 de xullo de 2026
María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Expediente: PS-XT-01-2026.
DNI persoa interesada: 36128900V.
Acto de notificación: Acordo do 9 de xuño de 2026 do procedimiento sancionador.
Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 94.b) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
Sanción proposta: artigo 96.b) da Lei 13/2008, do 3 de decembro.
