DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 31 de xullo de 2026 Páx. 42629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 9 de xullo de 2026 do Departamento Territorial de Lugo, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos (expediente IN407A 2025/113-ATE).

O día 1 de abril de 2026, o Departamento Territorial de Lugo ditou resolución, pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previas e de construción, e se recoñece, en concreto, a utilidade pública, da instalación eléctrica denominada Adecuación CT Santa Lucía de Guntín, no concello de Monforte de Lemos.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, este departamento territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar a todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a este acordo e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do concello de Monforte de Lemos deducida da que se someteu a información pública no diario El Progreso do 9 de febreiro de 2026 e no Diario Oficial de Galicia do 19 de febreiro de 2026, para que comparezan o día 28 de outubro de 2026 no concello de Monforte de Lemos sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará día e hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do concello de Monforte de Lemos estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por unha persoa debidamente autorizada, achegar os documentos acreditativos da súa titularidade, e poderase acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito neste departamento territorial (rolda da Muralla 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, (BOE núm. 236, do 2 de outubro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, logo de tentar a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE) e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 9 de xullo de 2026

Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Núm. predio

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Propietario

Data actas

Hora

1

122

3

Agro

Labor

Descoñecido

28.10.2026

10.00