A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 15 de xuño de 2026, ditou resolución en relación cunhas obras executadas en solo rústico, expediente OU-0161-2025.
Ao non lle poder realizar a notificación persoal desta resolución á persoa titular do documento nacional de identidade 34928576V mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase efectuada.
Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sección do contencioso-administrativo do tribunal de instancia da circunscrición onde radique o inmoble afectado, consonte o artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei. Para que conste, e lle sirva de notificación á persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2026
María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
