BDNS (Identif.): 921719.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/921719
Primeiro. Persoas destinatarias
Será destinatario final da axuda o alumnado que asista regularmente aos centros ou establecementos escolares, administrados ou recoñecidos polas autoridades competentes da Comunidade Autónoma de Galicia, que pertenza aos seguintes niveis de ensino:
a) Educación infantil de segundo ciclo.
b) Educación primaria.
c) Educación secundaria, que comprenderá a educación secundaria obrigatoria (ESO), o bacharelato e a formación profesional básica e de grao medio.
As persoas destinatarias poderán recibir a axuda unicamente durante os días lectivos de desenvolvemento do curso escolar.
Segundo. Obxecto
Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras do réxime de axudas destinadas á subministración, incluídos os custos de loxística e repartición, ao alumnado de centros escolares na Comunidade Autónoma de Galicia, de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo, recollidas nesta resolución.
Igualmente é obxecto desta resolución a convocatoria das devanditas axudas para o curso escolar 2026/27, consonte o disposto no Regulamento (UE) nº 2016/791 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de maio de 2016, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1308/2013 e (UE) nº 1306/2013 no que se atinxe ao réxime de axudas para a distribución nos centros escolares de froitas e hortalizas, plátanos e leite, e no Regulamento (UE) nº 2016/795 do Consello, do 11 de abril de 2016, que modifica o Regulamento (UE) nº 1370/2013 polo que se establecen medidas relativas á fixación de axudas e restitucións en relación coa organización común de mercados dos produtos agrícolas, e os regulamentos que os desenvolven e complementan.
A axuda abrangue dous procedementos diferenciados: o procedemento MR265B, de solicitude de axuda para a subministración de produtos aos centros escolares, e o procedemento MR265C, de solicitude de pagamento da axuda para a subministración de produtos aos centros escolares.
Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria
Resolución do 21 de xullo de 2026 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2026/27 (códigos de procedemento MR265B e MR265C).
Cuarto. Importe
O importe máximo aplicable ao produto é o establecido no anexo I da resolución.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes de axuda
O prazo de presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2026 (incluído).
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2026
Juan José Cerviño Varela
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria
