DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 31 de xullo de 2026 Páx. 42655

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 17 de xullo de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción polo vencemento do prazo de concesións de augas (expediente DH.A36.08427 e dez máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción polo transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondente ao expediente DH.A36.08427 e dez máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m3)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

DH.A36.08427

Jorge Cubela Vidal

632 m3

Manancial

Doméstico

L: Barbeitos
P: San Xurxo de Sacos
C: Cerdedo Cotobade

DH.A36.6742

Manuel Rey Casal

3.090 m3

Manancial

Doméstico, gandeiro e rega

L: O Coutiño
P: Sabrexo (Santa María)
C: Vila de Cruces

DH.A36.07828

Comunidade de Usuarios Maíndo e Barco

1.200 m3

Manancial

Doméstico

L: Maíndo
P: Couso (Santa María)
C: A Estrada

DH.A36.7157

Comunidade de Regantes Muíños e Frades

6.810 m3

Manancial

Rega

L: Bouza
P: San Martiño
C: Meis

DH.A36.06987

Comunidade de Usuarios Maril

1.580 m3

Manancial

Doméstico

L: Maril
P: Fiestras (San Martiño)
C: Silleda

DH.A36.9300

Comunidade de Usuarios de Chavella

8.515 m3

Oito mananciais

Doméstico

L: Chavella
P: Oia (Santa María)
C: Oia

DH.A15.19651

Comunidade de Usuarios do Manancial do Lodeiro

725 m3

Manancial

Doméstico

L: Bexo
P: San Xoán de Laíño
C: Dodro

DH.A36.8451

Comunidad de Usuarios de Saramagoso

25.859 m3

Cinco mananciais

Doméstico

L: Saramagoso
P: O Viso (Santa María)
C: Redondela

DH.A36.10678

Gumersindo García Carmoega

4.410 m3

Manancial

Doméstico e gandeiro

L: Oís Grande
P: Bermés (Santa María)
C: Lalín

DH.A15.21710

UTE Meirama

47.304 m3

Pozo

Sanitario e refrixeración de maquinaria

L: A Cerqueira
P: Soandres (San Pedro)
C: A Laracha

DH.A15.21711

UTE Meirama

47.304 m3

Pozo

Sanitario e refrixeración de maquinaria

L: Picardel -Meirama
P: Meirama (Santo André)
C: Cerceda