DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 3 de agosto de 2026 Páx. 42882

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 20 de xullo de 2026, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica o intento de mutuo acordo ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra autovía AG-59. Treito: enlace AC-241-enlace PO-841, no concello de Teo, GA/18/104.01.2.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao resultar infrutuosos os intentos de notificación e/ou por ignorarse o domicilio das persoas titulares, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o intento de mutuo acordo efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra autovía AG-59. Treito: enlace AC-241-enlace PO-841, clave GA/18/104.01.2, no concello de Teo.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Coruña da AXI, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do intento de mutuo acordo e constancia de tal coñecemento. Logo de que transcorra o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 20 de xullo de 2026

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Clave de obra

Predio

Referencia catastral

Persoa interesada

GA/18/104.01.2

5

15083A506005260000KF

María Guillet Rosende

GA/18/104.01.2

9

15083H512000740000XF

33204280P

GA/18/104.01.2

14

15083H512000800000XK

33187620T

GA/18/104.01.2

27

15083H512000250000XU

Benigno Seoane Carrera

GA/18/104.01.2

34

15083H512000920000XU

Josefa Devesa Loureiro

GA/18/104.01.2

38

15083H512000150000XD

Q1500273F

GA/18/104.01.2

43

15083A506005320000KK

33204280P