De conformidade co disposto no artigo 152.12 do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, faise pública a Resolución do 24 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, pola que se outorgou a concesión da referencia, coas seguintes condicións principais:
Titular: Concello de Foz.
Destino: colectores xerais e nova EDAR no concello de Foz (Lugo).
Superficie: 1.980,32 m².
Prazo: 20 anos.
Canon: exento.
Poderá consultarse a resolución completa na seguinte ligazón: https://ficheiros-web.xunta.gal/medio-ambiente/litoral/concesions/LU-CNC10/18/27/0002.pdf
Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2026
Paula Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
