DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 3 de agosto de 2026 Páx. 42865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 20 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se comunica o traslado aos titulares das follas de valoración formuladas pola entidade beneficiaria nun expediente de expropiación forzosa no concello de Bande (expediente IN407A 2025/64-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Cambio de sección CCH802 LAC-30 a LA-56, situada no concello de Bande, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo. Así mesmo, indícase a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar os predios afectados.

O texto íntegro das referidas follas de valoración está ao dispor das persoas titulares na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense) tras pediren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas titulares disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do BOE, para solicitar a remisión das correspondentes follas ao enderezo que sinalen. Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.

Ourense, 20 de xullo de 2026

Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2025/64-3.

Instalación: cambio de sección CCH802 LAC-30 a LA-56.

Concello: Bande.

Empresa beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Data da acta de ocupación: 1 de xuño de 2026.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

1

Val Bande

32007B501001320000GL

José Manuel Garrido

4

Xanxau

32007B501000460000GX

Descoñecido/a

5

Bouzoas

32007A100011120000IZ

Descoñecido/a

6

Moa Grande

32007A100012150000IY

Descoñecido/a

7

Carballo

32007A100011760000IZ

Descoñecido/a

8

Gordoliño

32007A100011490000IB

Descoñecido/a

9

Carreira

32007A099001380000XA

Descoñecido/a

10

Portela

32007A098004680000XD

CMVMC de Recarei

14

Carballa

32007A096003180000XO

José González

15

Fonte

32007A096003480000XF

Julio Pérez Domínguez

18

Eiroa

32007A096004070000XP

Descoñecido/a

19

Ponte Nova

32007A095007840000XQ

Descoñecido/a

20

Froxa

32007A095001950000XE

Descoñecido/a

22

Veiga

32007A095001470000XT

Descoñecido/a

24

Carballo

32007A100011780000IH

Descoñecido/a