DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 3 de agosto de 2026 Páx. 42869

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 17 de xullo de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os trámites de audiencia de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente E-1188-C e nove máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo ou logo de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os trámites de audiencia de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente E-1188-C e nove máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo dun (1) mes natural, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do trámite de audiencia

E-1188-C

Ramón Rodríguez Núñez

2.6.2026

E-1321-C

Herminio Río García

2.6.2026

1076-F-325

Antonio Penas Mejuto e outros

2.6.2026

202

Manuel Negro Varela

2.6.2026

E-1320-C

Cristóbal Martínez Barcía

2.6.2026

DH.A15.11008

José García Santiso

2.6.2026

DH.A15.13699

Josefina Guerra Cacharrón e
José Moreigosa Barreiro

2.6.2026

DH.A15.13256

Comunidade de usuarios do lugar de Sar

2.6.2026

DH.A15.9584

Comunidade de Usuarios de Coba

2.6.2026

DH.A15.18179

Christian Bernhard Muller

2.6.2026