De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), notifícaselle á persoa interesada o acto administrativo que se sinala no anexo, logo de intentar a notificación sen que se puidese efectuar.
O acto foi adoptado polo director territorial.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez días, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias do Departamento Territorial do Medio Rural, Servizo Xurídico-Administrativo, situadas na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Logo de que transcorra este prazo sen que compareza, considerarase que a notificación se produciu o día da publicación deste anuncio no BOE.
Ourense, 21 de xullo de 2026
José Antonio Armada Pérez
Director territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: SAN-OU-0043/2026-BA.
Persoa interesada: J32238370.
Acto de notificación: acordo de incoación de expediente sancionador.
