Na sesión que tivo lugar o 23 de xullo de 2026, o tribunal nomeado mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 24 de novembro de 2025 (DOG núm. 233, do 2 de decembro), modificada pola Resolución do 9 de xuño de 2026 (DOG núm. 111, do 16 de xuño), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala auxiliar de coidadores, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 24 de xuño de 2025 (DOG núm. 123, do 30 de xuño),
ACORDOU:
Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, o terceiro exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto. Corresponderalle ao tribunal determinar o coñecemento da lingua galega de acordo co nivel do Celga requirido no proceso selectivo (Celga 3).
Segundo. Publicar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal a cualificación da persoa aspirante convocada para realizar o terceiro exercicio.
Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer un recurso de alzada perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2026
Manuel Lage Cobas
Presidente do tribunal
