DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 4 de agosto de 2026 Páx. 43108

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 22 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade á resolución pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Profand Vilagarcía, S.L.U. para a planta de elaboración de produtos alimenticios procesados a partir de peixe, crustáceos e cefalópodos (expediente 2023-IPPC-I-70).

De conformidade co disposto no artigo 24 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), e no artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de elaboración de produtos alimenticios procesados a partir de peixe, crustáceos e cefalópodos

Procedemento: autorización ambiental integrada

Titular: Profand Vilagarcía, S.L.U.

Expediente: 2023-IPPC-I-70

Localización: concello de Vilagarcía (Pontevedra)

Núm. rexistro AAI: 2023-IPPC-70-391

Esta resolución poderá consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou de forma presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2026

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade