DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 4 de agosto de 2026 Páx. 42946

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2026 pola que se adxudican as axudas da Orde do 17 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (códigos de procedemento ED481B e IN606B).

A Orde do 17 de decembro de 2025 (DOG núm. 17, do 27 de xaneiro de 2026) establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

O obxecto desta convocatoria é outorgar axudas ás universidades públicas do Sistema universitario de Galicia (SUG), aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións públicas de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica INIBIC, Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia, que contraten persoas tituladas superiores que obtiveron recentemente o título de doutora ou doutor para a súa formación nos seus centros, unidades ou departamentos, permitindo nunha primeira fase a mellora das súas capacidades mediante estadías de investigación posdoutoral no estranxeiro. Así mesmo, terá como finalidade darlle continuidade á súa carreira investigadora, nunha segunda fase da axuda, que posibilitará un perfeccionamento na súa formación e o establecemento dunha liña de investigación propia que lles permita, nun futuro, consolidar a súa traxectoria.

No artigo 2.1 da orde de convocatoria determínase quen pode ser beneficiario e no artigo 2.2 os requisitos que deben cumprir as persoas candidatas ás axudas.

De acordo co establecido no artigo 10 desta convocatoria, unha vez analizadas as solicitudes publicáronse as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas e as entidades solicitantes tiveron un prazo de dez días hábiles para formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades ou ante a Axencia Galega de Innovación, segundo a entidade solicitante. Unha vez que se recibiu e se examinou esta documentación, o 29 de abril de 2026 publicouse a lista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas.

As solicitudes foron avaliadas por un equipo avaliador formado por persoas expertas de fóra do Sistema de I+D+i galego, coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), a partir da documentación indicada no artigo 7 da convocatoria e segundo o baremo que se indica no seu anexo I.

O resultado desta avaliación entregóuselle á Comisión de Selección definida no artigo 12 da orde de convocatoria, que elaborou un informe para os órganos instrutores en que figuran as entidades beneficiarias, xunto coa prelación das persoas candidatas a seren destinatarias das axudas, e as listas de espera para posibles substitucións.

A competencia para resolver estas axudas correspóndelles conxuntamente á persoa titular da Secretaría Xeral de Universidades, por delegación da persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e á persoa titular da Dirección da Axencia Galega de Innovación, por delegación da persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación, de acordo co artigo 14 da convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido no citado artigo 14 das bases da convocatoria e atendendo á proposta de concesión elevada polos órganos instrutores a partir do informe da Comisión de Selección, reunida o día 11 de xuño de 2026,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Conceder as axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral convocadas pola Orde do 17 de decembro de 2025 ás entidades que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no anexo I desta resolución.

No ámbito das universidades do SUG concédense un mínimo de 4 axudas por cada rama de coñecemento, de acordo co indicado no artigo 3.3 da convocatoria.

Segundo. Establecer dúas listas de espera, unha por cada órgano instrutor, que se inclúen como anexo II, para determinar posibles substitucións, segundo os criterios establecidos no artigo 12. Nestas listas figuran por orde decrecente de puntuación as solicitudes que non acadaron a puntuación suficiente para ser adxudicatarias da axuda pero que teñen unha puntuación igual ou superior á mínima establecida no artigo 11.2 da convocatoria.

Terceiro. Todas as solicitudes que figuran nos anexos I e II desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria. Así mesmo, as solicitudes que non figuran relacionadas nos citados anexos entenderanse denegadas ou desestimadas.

Cuarto. A data de comezo dos contratos será o día 1 de setembro de 2026, agás para a persoas non comunitarias que poderán asinar o contrato ata o día 1 de decembro de 2026.

Quinto. As axudas concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026 e anos sucesivos, de acordo coa distribución indicada nos anexos III e IV, segundo a estrutura de pagamento recollida no artigo 20 das bases da convocatoria.

Sexto. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación das axudas á Secretaría Xeral de Universidades, no caso das universidades do SUG, ou á Axencia Galega de Innovación no caso das demais entidades indicadas no artigo 2 da convocatoria, no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización do correspondente contrato de acceso de persoal investigador doutor.

Sétimo. O artigo 21 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

De acordo co establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presente esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no caso das solicitudes pertencentes ao SUG, e ante a persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación nos restantes casos, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2026

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Artigo 14 da Orde do 17.12.2025)
José Alberto Díez de Castro
Secretario xeral de Universidades

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e presidente da Axencia Galega de Innovación
P.D. (Artigo 14 da Orde do 17.12.2025)
Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Axudas concedidas

Universidade da Coruña.

Nº de expediente

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

1ª estadía

2ª estadía

Puntuación

Datas

Zona

Datas

Zona

ED481B-2026-137

Bello

García

Jesús

Ciencias

1.2.2027-30.9.2028

2

-

-

92,5000

ED481B-2026-140

Pérez

Ferreiro

María

Ciencias

1.2.2027-31.1.2029

2

-

-

88,0500

Universidade de Santiago de Compostela.

Nº de expediente

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

1ª estadía

2ª estadía

Puntuación

Datas

Zona

Datas

Zona

ED481B-2026-042

Riádigos

Couso

Xabier

Ciencias Sociais e Xurídicas

1.6.2027-31.1.2029

1

 

 

97,5000

ED481B-2026-116

Huerta

Segovia

Pelayo

Artes e Humanidades

1.2.2027- 31.1.2028

2

1.2.2028-31.1.2029

2

97,5000

ED481B-2026-017

Aramburu

González

Óscar

Ciencias

1.2.2027-31.1.2029

2

 

 

96,5500

ED481B-2026-082

Novoa

Deaño

Eva María

Ciencias da Saúde

1.2.2027-31.1.2029

1

 

 

94,8000

ED481B-2026-031

Pacín

Salvador

María do Carme

Ciencias

1.2.2027-30.1.2028

2

1.2.2028-31.1.2029

2

93,5200

ED481B-2026-015

Suárez

Oubiña

Cristian

Ciencias

1.2.2027-31.1.2029

2

 

 

93,5000

ED481B-2026-061

Castillo

Zamora

Aly Jesús

Ciencias

1.2.2027-30.1.2028

2

1.2.2028-31.1.2029

2

93,0000

ED481B-2026-064

Cela

Dablanca

Raquel

Enxeñaría e Arquitectura

1.2.2027-31.1.2029

1

 

 

93,0000

ED481B-2026-065

Salgado

Fernández

Lorena

Enxeñaría e Arquitectura

1.2.2027-31.1.2029

2

 

 

93,0000

ED481B-2026-084

Suárez

Lestón

Fabián

Ciencias

1.2.2027-31.1.2029

2

 

 

92,5000

ED481B-2026-034

Martínez

Calabuig

Néstor

Ciencias da Saúde

1.2.2027-31.12.2028

1

 

 

91,9500

ED481B-2026-103

Arribas

Domingo

Andrés

Ciencias

1.2.2027-31.1.2029

2

 

 

91,5000

ED481B-2026-059

Teijeiro

Mosquera

Daniel Lucas

Artes e Humanidades

1.2.2027-31.1.2028

2

1.2.2028-31.1.2029

1

91,0000

ED481B-2026-086

Pérez

Blanco

Lucía

Ciencias Sociais e Xurídicas

1.2.2027-30.1.2028

2

1.2.2028-31.1.2029

2

91,0000

ED481B-2026-006

Boga

González

Rubén

Ciencias Sociais e Xurídicas

1.2.2027-31.1.2028

2

1.2.2028-31.1.2029

2

90,0000

ED481B-2026-045

Mojón

Álvarez

Diego

Ciencias

1.2.2027-30.1.2028

2

1.2.2028-31.1.2029

3

90,0000

ED481B-2026-029

Martín

González

Pablo

Artes e Humanidades

1.2.2027-30.9.2028

2

 

 

89,5000

ED481B-2026-101

Vicente

Franqueira

Ilduara

Artes e Humanidades

1.2.2027-31.1.2029

2

 

 

89,5000

ED481B-2026-002

Escribano

Rodríguez

María del Pilar

Ciencias

1.2.2027-31.1.2029

2

 

 

89,4000

ED481B-2026-114

Janeiro

Rodríguez

Jesús

Ciencias

1.2.2027-31.1.2029

2

 

 

89,2500

ED481B-2026-025

Bergamo

Jacopo Nicola

Ciencias Sociais e Xurídicas

1.2.2027-30.11.2028

3

1.2.2028-31.1.2029

3

88,5000

ED481B-2026-102

Arana

Díaz

Álvaro Jesús

Ciencias da Saúde

1.2.2027-31.1.2029

1

 

 

87,0000

ED481B-2026-063

Seoane

Rodríguez

Pablo

Artes e Humanidades

1.2.2027-31.1.2029

2

 

 

66,0000

Universidade de Vigo.

Nº de expediente

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

1ª estadía

2ª estadía

Puntuación

Datas

Zona

Datas

Zona

ED481B-2026-009

Fernández

Lodeiro

Carlos

Ciencias

1.2.2027-31.1.2029

2

 

108,2234

ED481B-2026-091

Zapatero

Castrillo

Víctor

Ciencias

1.2.2027-31.1.2029

2

 

107,0000

ED481B-2026-073

Tomás

López

Laura

Ciencias da Saúde

1.2.2027-30.1.2028

2

1.2.2028-31.1.2029

2

105,5000

ED481B-2026-124

Carpena

Rodríguez

María

Ciencias

1.2.2027-31.1.2029

1

 

101,5000

ED481B-2026-093

González

Colsa

Javier

Ciencias

1.2.2027-31.1.2029

2

 

101,0000

ED481B-2026-092

García

Lojo

Daniel

Ciencias

1.2.2027-31.1.2029

1

 

100,0185

ED481B-2026-104

Álvarez

Yates

Tania Elizabeth

Ciencias Sociais e Xurídicas

1.2.2027-31.1.2029

1

 

97,0000

ED481B-2026-122

Arnosa

Prieto

Ángela

Ciencias

1.2.2027-31.1.2028

3

1.2.2028-31.1.2029

3

95,0000

ED481B-2026-076

Vieites

Álvarez

Yedra

Ciencias

1.2.2027-30.9.2028

2

 

91,6000

ED481B-2026-087

Arguilé

Pérez

Beatriz

Ciencias

1.2.2027-31.1.2029

2

 

91,5000

ED481B-2026-094

Rodríguez

Sanz

Andrea

Ciencias

1.2.2027-31.1.2029

2

 

89,5000

ED481B-2026-052

Mouriño

Schick

Andrea

Artes e Humanidades

1.2.2027-31.1.2028

2

1.2.2028-31.1.2029

1

88,5000

ED481B-2026-155

Pazo

Rodríguez

María

Enxeñaría e Arquitectura

1.2.2027-30.1.2028

1

1.2.2028-31.1.2029

2

88,5000

ED481B-2026-151

Rodríguez

Barreiro

Iván

Ciencias

1.2.2027-30.1.2028

2

1.2.2028-31.1.2029

2

88,3500

ED481B-2026-077

Villar

Blanco

Lorena

Enxeñaría e Arquitectura

1.2.2027-30.1.2028

2

1.2.2028-31.1.2029

2

88,0000

Outras entidades

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia.

Nº de expediente

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

1ª estadía

2ª estadía

Puntuación

Datas

Zona

Datas

Zona

IN606B-2026/027

Faílde

Balea

Daniel

Ciencias

1.2.2027-31.1.2029

1

-

-

93,0000

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC.

Nºde expediente

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

1ª estadía

2ª estadía

Puntuación

Datas

Zona

Datas

Zona

IN606B-2026/003

Pedreira

Bar

Adrián

Ciencias

1.2.2027-31.1.2029

1

-

-

108,0493

IN606B-2026/007

Pérez

Rodríguez

Daniel

Ciencias

1.2.2027-31.1.2029

1

-

-

88,7979

IN606B-2026/028

Elías

Ilosvay

Xochitl Édua

Ciencias Sociais e Xurídicas

1.2.2027-30.9.2028

2

-

-

98,1000

IN606B-2026/033

Guerrero

Peña

Laura

Ciencias

1.2.2027-31.1.2029

3

-

-

98,3500

Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela.

Nº de expediente

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

1ª estadía

2ª estadía

Puntuación

Datas

Zona

Datas

Zona

IN606B-2026/002

Pazos

Pérez

Andrés

Ciencias da Saúde

1.2.2027-31.1.2029

1

-

-

93,0000

IN606B-2026/025

Viz

Lasheras

Sandra

Ciencias da Saúde

1.2.2027-31.1.2029

1

-

-

97,9500

IN606B-2026/031

Bugallo

Casal

Ana Isabel

Ciencias da Saúde

1.2.2027-31.12.2028

2

-

-

88,5000

Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur.

Nº de expediente

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

1ª estadía

2ª estadía

Puntuación

Datas

Zona

Datas

Zona

IN606B-2026/024

Molina

Vargas

Adriana Katherine

Ciencias

1.3.2027-31.10.2028

3

-

-

100,5000

ANEXO II

Listas de espera

Universidades do SUG.

Nº de orde

Nº de expediente

Universidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Puntuación

01

ED481B-2026-003

USC

González

Lage

Valeria

Artes e Humanidades

88,0000

02

ED481B-2026-022

USC

Núñez

Rodríguez

Alberto

Artes e Humanidades

88,0000

03

ED481B-2026-154

UVigo

Fiuza

Maneiro

Nadesh

Ciencias

87,5000

04

ED481B-2026-097

USC

Barbero

Russo

Paula Belén

Ciencias Sociais e Xurídicas

87,0000

05

ED481B-2026-128

UDC

Iglesias

Morís

Daniel

Enxeñaría e Arquitectura

87,0000

06

ED481B-2026-070

USC

Vázquez

Arias

Antón

Ciencias

86,4100

07

ED481B-2026-001

USC

Ceballos

Guzmán

Juan Manuel

Ciencias

85,4500

08

ED481B-2026-051

UVigo

López

Valcárcel

Luis Antonio

Enxeñaría e Arquitectura

85,0000

09

ED481B-2026-072

UVigo

Sixto

Maceiras

Xoel

Enxeñaría e Arquitectura

85,0000

10

ED481B-2026-075

USC

Puentes

Cociña

Beltrán

Ciencias Sociais e Xurídicas

85,0000

11

ED481B-2026-111

USC

Parada

Juncal

Samuel

Artes e Humanidades

85,0000

12

ED481B-2026-046

USC

Lado

Pazos

Vanesa

Artes e Humanidades

84,5000

13

ED481B-2026-090

UVigo

Iglesias

Fernández

Antía

Artes e Humanidades

84,5000

14

ED481B-2026-134

UDC

Romero

Vargas

Agustín

Ciencias

84,5000

15

ED481B-2026-005

USC

Piñeiro

Pedreira

Sandra

Artes e Humanidades

84,0000

16

ED481B-2026-083

USC

Cea

Ríos

Blanca

Ciencias Sociais e Xurídicas

84,0000

17

ED481B-2026-056

USC

Bolaño

Losada

Iria

Ciencias

83,6500

18

ED481B-2026-048

UVigo

Campos

Ríos

Ana

Ciencias

83,6000

19

ED481B-2026-127

USC

Garrido

Sánchez

Violeta Indira

Artes e Humanidades

83,5000

20

ED481B-2026-011

UVigo

Valtierra

Pereiro

Noé

Artes e Humanidades

83,5000

Outras entidades.

Nº de orde

Nº de expediente

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

Rama de coñecemento

Puntuación

01

IN606B-2026/005

Fidis

Costoya

Sánchez

Alejandro

Ciencias da Saúde

88,5000

02

IN606B-2026/032

IIM-CSIC

Calvo

Martín

Elisa

Ciencias

86,8000

03

IN606B-2026/008

IIM-CSIC

Pérez

Dávila

Sara

Ciencias

86,0000

04

IN606B-2026/021

Fidis

Diz

de Almeida

Silvia

Ciencias da Saúde

84,5000

05

IN606B-2026/016

FBGS

López

Barreiro

Juan

Ciencias Sociais e Xurídicas

80,5000

ANEXO III

Disposición do gasto para as axudas das universidades do SUG

Total: 40 axudas.

O importe das axudas das universidades do SUG imputarase ao Plan galego de financiamento universitario para o período 2022-2026. As anualidades 2027, 2028, 2029, 2030, 2031 e 2032 integraranse no novo plan de financiamento para os anos seguintes.

Entidade

Nº de axudas

Aplicación orzamentaria

Crédito (en euros)

2026

2027

2028

2029

2030

2031

2032

Total

UDC

2

07.2.561B.444.0

8.466,66

100.600,00

116.600,00

76.783,34

81.800,00

81.800,00

87.550,00

553.600,00

07.2.561B.744.0

0,00

0,00

0,00

8.000,00

22.000,00

22.000,00

14.000,00

66.000,00

USC

23

07.2.561B.444.0

97.366,67

1.120.900,00

1.292.900,00

950.008,33

940.700,00

940.700,00

1.006.825,00

6.349.400,00

07.2.561B.744.0

0,00

0,00

0,00

92.000,00

253.000,00

253.000,00

161.000,00

759.000,00

UVigo

15

07.2.561B.444.0

63.500,00

730.500,00

838.500,00

615.875,00

613.500,00

613.500,00

656.625,00

4.132.000,00

07.2.561B.744.0

0,00

0,00

0,00

60.000,00

165.000,00

165.000,00

105.000,00

495.000,00

Total

169.333,33

1.952.000,00

2.248.000,00

1.802.666,67

2.076.000,00

2.076.000,00

2.031.000,00

12.355.000,00

ANEXO IV

Disposición do gasto para as axudas das entidades alleas ao SUG

Total: 9 axudas.

Entidade

Nº de axudas

Aplicación orzamentaria

Crédito (en euros)

2026

2027

2028

2029

2030

2031

2032

Total

Cesga

1

07.A2.561A.443.05

4.233,33

42.300,00

46.300,00

38.391,67

40.900,00

40.900,00

43.775,00

256.800,00

07.A2.561A.743.05

0,00

0,00

0,00

4.000,00

11.000,00

11.000,00

7.000,00

33.000,00

IIM-CSIC

4

07.A2.561A.403.0

16.933,32

193.200,00

221.200,00

157.566,68

163.600,00

163.600,00

175.100,00

1.091.200,00

07.A2.561A.703.0

0,00

0,00

0,00

16.000,00

44.000,00

44.000,00

28.000,00

132.000,00

Fidis

3

07.A2.561A.443.28

12.699,99

134.900,00

150.900,00

117.175,01

122.700,00

122.700,00

131.325,00

792.400,00

07.A2.561A.743.28

0,00

0,00

0,00

12.000,00

33.000,00

33.000,00

21.000,00

99.000,00

FBGS

1

07.A2.561A.443.29

4.233,33

55.300,00

70.300,00

37.391,67

40.900,00

40.900,00

43.775,00

292.800,00

07.A2.561A.743.29

0,00

0,00

0,00

4.000,00

11.000,00

11.000,00

7.000,00

33.000,00

Total outras entidades

38.099,97

425.700,00

488.700,00

386.525,03

467.100,00

467.100,00

456.975,00

2.730.200,00