Esta reitoría, no exercicio das competencias atribuídas polos artigos 50 da LOSU e 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, fai público que, pola Resolución do 24 de xullo de 2026, se convoca concurso público para a elaboración de bolsas de emprego nas áreas de coñecemento que se relacionan no anexo I.1 da citada resolución en previsión de que resulte imprescindible cubrir necesidades docentes por razón de causas sobrevidas, urxentes e inaprazables.
A relación de bolsas de emprego convocadas e as bases completas da convocatoria poden consultarse no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/140376/carga.htme na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatoriaspdi/bolsas-emprego
As solicitudes deberán presentarse, a través do procedemento indicado nas bases da convocatoria, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2026
A reitora da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución reitoral do 8.5.2026; DOG do 20 de maio)
Pablo Taboada Antelo
Vicerreitor de Profesorado e Innovación Docente
